Hoxe, gran parte da rede viaria galega presenta dificultades debido ao temporal de neve e sarabia, estando previsto que a situación empeore ao longo do día de hoxe baixando a cota de neve. O temporal afecta á rede principal, pero tamén a moitas estradas secundarias.
A Dirección tiña convocadas reunións para hoxe e mañá en Compostela co persoal da rede comercial de Galiza. Reunións que son totalmente voluntarias xa que foron convocadas fóra da xornada laboral.
Malia a voluntariedade das reunións e pensando no persoal, que debe desprazarse dende puntos conflitivos ou o que debe percorrer distancias considerables (hai persoas que deberan desprazarse máis de 440 km. ida e volta), solicitamos da empresa que anule estas reunións.
Hai que lembrar que as autoridades están recomendando que non se realicen desprazamentos que non sexan totalmente imprescindibles.
Agardamos que a empresa acepte a nosa solicitude, velando así pola integridade física de todos os traballadores e traballadoras convocados.

Sem comentários:
Enviar um comentário