20.1.09

Recomendacións Protección Civil e Estado das Estradas galegas


En contestación á nosa solicitude, dende a Caixa anunciaron que agardarán ao que suceda ao longo do día antes de tomar unha decisión sobre a posibilidade de aprazar as reunións. Semella que as reunións de hoxe e mañá continuarán malia o temporal e malia a alerta da Dirección Xeral de Protección Civil. Neste senso queremos que coñezades o anunciado polos citados Organismos.

Recomendacións emitidas por Protección Civil:

Ante o Frío e a Neve

Se é imprescindible viaxar por estrada, infórmese da situación meteorolóxica e do estado das estradas, extreme as precaucións, revise o vehículo e atenda ás recomendacións de Tráfico.

É útil levar roupa de abrigo e un teléfono móbil con batería de recambio ou cargador de automóbil. Se está atrapado na neve, aconséllase permanecer no coche, coa calefacción posta, renovando cada certo tempo o aire, e vixiar que o tubo de escape non estea obstruído para evitar que os gases penetren no interior do vehículo.

En caso de quedarse illado e precisar axuda, non intente resolver a situación por si mesmo, trate de informar deste feito e, salvo que a situación sexa insostible, agarde asistencia.

Estas reunións son voluntarias, se tedes problemas para asistir recomendámosvos que valoredes a non asistencia. Non fai falla poñer en perigo as vosas vidas para asistir a unha reunión.

Sem comentários: