O peche de oficinas no rural obriga a moitas persoas maiores a realizar un gran esforzo e un maior gasto en desprazamentos para ter dereito a servizos financeiros.
A empresa informounos do futuro peche de oficinas deficitarias (en principio 14), polo que mantivemos varias xuntanzas para aclarar os termos destes peches de centros de traballo e para deixar clara a nosa posición.
Xa no primeiro contacto quedou claro que o peche non podería afectar ás condicións laborais do persoal destas oficinas:
Dentro do paquete xeral de xubilacións a tempo parcial, o persoal destinado nas oficinas que pechan, que no ano 2009 cumpra 60 anos, poderá acollerse á xubilación anticipada a tempo parcial.
O persoal apoderado terá garantida a súa retribución, sendo nomeado para outro posto en base as vacantes que se produzan no proceso das xubilacións anticipadas que se producirán no mes de xaneiro.
Malia estas garantías insistimos en que queremos coñecer os criterios seguidos para pechar oficinas, o aforro estimado con esta medida, ou se se valoraron medidas alternativas ao peche.
Inclusión financeira e Obra Social.
En calquera empresa o peche de centros de traballo é un problema laboral, pero no noso caso é tamén un problema de imaxe pública e por suposto de Obra Social.
Un dos motivos fundacionais das Caixas é favorecer a inclusión financeira, hoxe, nomeadamente no rural, a Caixa presta un servizo a un segmento da poboación que xustifica por si só manter as oficinas abertas.
Para moitos clientes e clientas de avanzada idade, desprazarse fóra do seu concello para acudir á nova oficina supón un esforzo e un gasto. Algo que a Caixa debería ter en conta.
Ese é o maior servizo, a maior Obra Social que podemos realizar para unha parte da poboación galega, porque somos unha Caixa de Aforros. Os edificios da Fundación son vistosos (especialmente cando se inauguran con pompa e boato) pero, xeralmente, a maior Obra Social é a que non se ve.
Quede clara a nosa oposición a uns peches non argumentados, que non sabemos que “beneficio” supoñen para a Caixa, e que consideramos podían terse evitado.
1 comentário:
Por si alguen ten dúbidas en Galiza pechan: O Pindo, Cruceiro de Roo, Serra de Outes, Carreira, Urb. 19 Ourense, e 5 de Pontevedra
Enviar um comentário