A empresa puxo en marcha a ficha electrónica de control de asistencia aos Comités de Oficina que deben celebrarse ás 8:00 da mañá. Entendemos que esta medida unilateral choca con varias cuestións fundamentais.
Seguridade: Todos os expertos en seguridade insisten na necesidade de realizar tarefas que impliquen movementos de efectivo (apertura da caixa forte, carga dos dispensadores, etc) sen a presenza de público na oficina como xeito de minimizar o risco de atraco.
Cabe lembrar que o atraco é un risco laboral recoñecido pola Comunidade Autónoma e incluso polo Tribunal Supremo.
Proposta da CIG: Pediremos no seguinte Comité de Saúde Laboral que se elimine a celebración dos Comités de Oficina e por conseguinte a ficha de control, en tanto non se avalíe correctamente o risco que conleva, e non se realicen as medicións precisas.
Horarios Pactados: Historicamente disfrutamos de 10 minutos de cortesía na entrada. Cabe lembrar que outra das medidas para previr o atraco é non entrar sempre á mesma hora, polo que consideramos que é bo preservar a marxe de 10 minutos.
Por outra banda o Regulamento de Presenza no Traballo, vencido o pasado 31 de decembro, pero prorrogado a petición da CIG, establece no artigo 5.3 que:
"En calquera caso, cando un empregado se incorpore ao seu posto, sexa cal for a causa, cun atraso superior a 10 minutos sobre o inicio da xornada ou abandone o seu posto de traballo antes da hora de finalización da mesma, cumprimentará o correspondente "Parte de Absentismo" e o entregará ao seu Xefe inmediato para o seu visado e remisión á Subdirección de Recursos Humanos. "
Lóxica: Esta medida, como outras moitas, contradí toda lóxica. Establecer maiores controis sobre o persoal, incrementar a carga de traballo con reunións burocráticas comerciais, aínda por riba nun momento como o actual, demostra unha falta absoluta de coñecemento do sector e da clientela.
É doado errar cando as decisións se toman dende un despacho afastado da realidade, pero rectificar é de sabios.

Sem comentários:
Enviar um comentário