16.10.08

Crise? a dirección da Caixa subiuse os salarios un 27%


As persoas que compoñen o Comité de Dirección de Caixa Galicia, anuncian medidas para reducir custes, pero o ano pasado, xa en plena crise económica, auto-subiron os seus salarios un escandaloso 27%. A Consellería de Economía consentiu esta nova suba salarial desorbitada.

Hai a quen a crise non lle afecta, falamos da Comisión de Alta Dirección, de quen manda en Caixa Galicia.

Recoñecen unha suba salarial dun 25,6%, ata os 6.326.000 euros.

As prestacións “post-emprego” subiron un 32,14%, ata os 1.525.000 de euros.

En total a suba retributiva do Comité de Dirección de Caixa Galicia foi dun 27%. Ata os 7.851.000 euros.


Non sabemos que partidas inclúen estes salarios, se inclúen os gastos derivados do uso do patrimonio da empresa, o que certamente non están incluidas son as retribucións inxustamente recibidas por participar en Consellos de Administración de empresas participadas, das que a Caixa forma parte do accionariado. Os seus salarios son opacos, máis incluso que as dos directivos da banca privada.

Pero tan pronto fan unha cousa, como ordenan outra:

Non se negocia o xa vencido “Regulamento de Presenza no Traballo”, pero establecen un novo sistema de control horario coa implantación da “ficha” de Comité Comercial de Oficina ás 8 da mañá. Non teñen en conta as medidas mínimas de seguridade a primeira hora da mañá (a apertura de caixas e a carga dos dispensadores, deben realizarse sen público).

Anuncian que rescindirán gran parte dos contratos temporais reducindo o persoal da rede comercial, polo tanto aplicaran máis mobilidade xeográfica e incrementarán a carga de traballo.
Coma sempre, os recortes comezan por abaixo, nunca por arriba. En todo caso se Caixa Galicia vai ser unha das beneficiadas polo “fondo público de axuda aos Bancos e Caixas necesitados”, non estaría mal que deran mostras de austeridade, que baixen os seus salarios.

1 comentário:

Anónimo disse...

Austeridade señor e familia Méndez, austeridade.