Onte polo serán celebrouse nos locais sindicais na Coruña unha asemblea co persoal afectado polo proceso de restruturación de servizos centrais.
A empresa está facilintado información de xeito incompleto e a pingas á representación sindical, que non recibeu información de RRHH relativa as necesidades que obrigan a esta restruturación, do persoal total afectado polas medidas nin o destino do mesmo.
Sabemos que hai unha restruturación a través do persoal afectado, xa que a empresa informa de cada un dos cambios individuais despois de ter falado a nivel individual.
Unha parte deste persoal será asignado a novos departamentos e o resto trasladado á rede comercial.
Sem comentários:
Enviar um comentário