22.10.08

Cambio de modelo da Caixa: cultura do pelotazo, 69% mais de sueldo

Esto si que é Obra Social!!!!

A Dirección subiuse os salarios un 69% nos últimos tres anos, coincidindo co cambio de modelo organizativo e de xestión posto en marcha en Caixa Galicia. Nin a crise económica e financeira convenceunos da necesidade de ser austeros.

No ano 2005 arrancaba un cambio de modelo de xestión e organizativo da Caixa de Aforros, un plan con repercusións sociais e laborais que foi denunciado en todo momento dende a CIG, como un proceso encuberto de reconversión e bancarización da Entidade. Agora podemos afirmar que co cambio, a cultura do pelotazo chegou a Caixa Galicia.

A Comisión de Dirección cobra 8.017.000 euros

En total as retribucións totais da alta Dirección de Caixa Galicia, as declaradas ante a CNMV, pasaron de 4.754.000 de euros no ano 2004, a 8.017.000 de euros no ano 2007 (1.333.000.000 das antigas pesetas), un incremento total dos salarios da alta dirección da Caixa de Aforros de Galicia dun 69% no prazo de tres anos.

Este importe é equivalente a un 12% do orzamentado para a Obra Social, 8 millóns de euros en retribucións fronte a 67 para esta última.

Nin o estoupido da crise económica e financeira no ano 2007 foi capaz de impoñerlle austeridade á cúpula directiva da Caixa de Aforros; como xa denunciamos anteriormente ese ano subíronse os salarios un 27%.

Pero a suba do ano pasado non foi excepcional, dende o ano 2004 ata o 2007 as retribucións salariais do persoal da alta Dirección subiron un 51% pasando dos 4.172.000 euros no ano 2004 aos 6.326.000 euros declarados ante a CNMV no 2007.

Maior foi a suba dos compromisos post-emprego, cun 162%. Pasaron dunha achega de 582.000 euros no ano 2004 ata os 1.525.000 euros do ano 2007. Non é posible coñecer o importe acumulado total por estes conceptos, xa que ante a CNMV non figuran declarados os mesmos.

Hai que subliñar que, mentres a maior parte do persoal da Caixa Galicia ten dereito a unha achega do 5% do seu salario para un Plan de Pensións de Emprego, a achega aos compromisos post-emprego da alta dirección sitúase no 24% anual.

Unha retribución moi superior á de Caixanova

A retribución da Comisión de Dirección de Caixa Galicia é moi superior á retribución da de Caixanova que está situada na nada desprezable cifra de 5.379.000 euros. Ainda que non é menos certo que a retribución desta última baixou significativamente dende a "xubilación" de Julio Gayoso como Director Xeral.

Gayoso actual Presidente Executivo de Caixanova, figura que non existe na lexislación galega, non recibe salarios, malia que si axudas de custe por participar nos órganos de goberno da Entidade, non foi posible confirmar si tamén as recibe por participar en Consellos de Administración de empresas participadas.

En todo caso Caixanova na súa Memoria Anual 2007 declara a existencia de contratos blindados, malia que non os declare ante a CNMV.

Cobran dúas veces por facer o seu traballo.

Se no ano 2004 non se declaraban ingresos a favor do persoal da alta dirección de Caixa Galicia por formar parte de Consellos de Administración das empresas participadas, no informe correspondente ao ano 2007 figuran 166.000 euros. Cobran 166.000 euros por representar externamente á Caixa Galicia, un traballo polo que xa reciben o seu correspondente salario.

Para que logo veñan aprobando un Código Ético de obrigado cumprimento para o persoal, familiares e achegados.

5 comentários:

Anónimo disse...

Poñede os nomes que temos dereito a coñecelos!!!

A última é que non pagan dietas nin kilómetros.

Anónimo disse...

Viva la vida!!! A gastar que son tres días y paga Zapatero!!!

Anónimo disse...

E para mais inri a Fundación Caixa Galicia programa o ciclo "Grandes golpes, grandes fuxidas".

Anónimo disse...

Pues a mi me parece fantastico todo lo que haga la caja.

Espero que como nuevo portavoz oficial me incluyan en el grupo de los cobradores.

Anónimo disse...

De toda la vida, los más altos directivos eran consejeros a título individual ( retribuciones para ellos) en donde se mueve buena pasta, FENOSA, etc. Es su compelento de " terminal".