19.9.08

Ou emigras, ou vaste


Ao longo do último mes acumúlanse as denuncias de compañeiros e compañeiras con contrato temporal en toda Galiza, que ven rematada a relación laboral despois da súa negativa a emigrar.

As entrevistas son realizadas por "Area Desarrollo Directivos", persoal deste departamento estivo involucrado en conflitos anteriores ao declarar nos cursos de formación que "a los gallegos les viene bien salir de Galicia, quitarse la boina".

Pero esta política laboral afecta tamén a persoal indefinido que está sendo sometido a mesma chantaxe por parte da Caixa, para que acepte traslados permanentemente ou incluso por riba do establecido no Convenio.

Negarse a ir destinado a oficinas do Levante, Andalucía, Catalunya ou Madrid é motivo suficiente para que Caixa Galicia rescinda os contratos previstos para traballar en oficinas de Galiza e sen ter en conta os informes laborais existentes.

En Caixa Galicia tras anos de temporalidade, ou aceptas emigrar ou es carne de paro.

Sem comentários: