24.9.08

Caixa Galicia pretende impoñer un "Código Ético" ao persoal

Mobilización contra o Foro Económico Internacional (WEF en ingles) en Davos, Suíza.

O pasado 30 de xullo o Consello de Administración aprobou a implantación dun Código Ético que será de aplicación para o persoal, as súas familias e incluso as amizades. O incumprimento do mesmo é motivo de sanción.

Unha das primeiras decisións tomadas polo Consello de Administración, despois da exclusión da CIG, foi aprobar (pensamos que co voto a favor dos novos/as representantes do persoal), un Código Ético. Este documento é indispensable para formar parte do “Pacto Mundial”.

O “Pacto Mundial da ONU” naceu despois das protestas de grupos sindicais, ecoloxistas e do movemento anti-globalización ante as celebracións do Foro Económico Mundial na cidade suíza de Davos. Este foro reunía a grandes empresarios e a políticos para tomar decisión económicas e sociais dun xeito antidemocrático, xa que non contaba coas persoas afectadas.

Co Pacto Mundial as empresas pretenderon facer fronte ás críticas recibidas pola súas políticas laborais explotadoras, a falta de respecto ao medio ambiente e pola corrupción.

Caixa Galicia forma parte do Pacto Mundial dende a súa creación no Estado español, polo que foi preciso aprobar no seu día o Código de Responsabilidade Social Corporativa e agora o Código Ético.

O Código Ético aprobado polo Consello recolle unha serie de “dereitos do persoal”, dereitos básicos xa establecidos na lexislación e de obrigado cumprimento: como poden ser o respecto a liberdade sindical ou o compromiso de realizar un Plan de Igualdade. Regula tamén unha serie de obrigas para o persoal que en parte tamén veñen establecidas pola lexislación vixente.

O máis grave é que este Código é de obrigado cumprimento para o persoal da Caixa, das súas familias e incluso para as súas amizades, e o seu incumprimento pode ser motivo de sanción.

O Código é ambiguo, cabe entender que os/as familiares e amizades do persoal da Caixa non poden traballar noutras entidades financeiras, de seguros, nin ter negocios propios relacionados con actividades que poda desenvolver a Caixa (¿vender motos, plasmas, ou vaixelas conta?). Tampouco podemos recibir (nin os nosos familiares nin amigos/as) agasallos de clientes ou clientas que a Caixa poda considerar “desproporcionados”.

Chama a atención que este Código Ético recolle nun dos seus primeiros enunciados o respecto a liberdade sindical, pero foi aprobado sen ser presentado en primeira instancia aos Sindicatos e sen que estes puideran informar sobre o mesmo nin facer achegas.

Por último deixar claro que antes de aplicar un código ético, a Dirección da Caixa debería dar exemplo; mentres tanto non admitiremos as súas “leccións de ética” relativas ao nepotismo nin a tratos de favor.

Por todo o exposto estamos estudando as medidas sindicais e legais ao noso alcance para facer fronte a este Código Ético que encubre un novo Réxime Disciplinario ambiguo.

1 comentário:

Anónimo disse...

echen una mano a los canarios. Aqui no hay modelo de gestión. Aqui hay una Virrey (Beatriz Ojeda) que trabaja con los estandares de la capataz de almacen de empaquetado de tomates. Aqui se echa a la calle gente valida, arrimandosele para ella poder meter a su familia. Las oficinas patas arribas unas con falta de personal otras que le sobran. ¿por que?. Cuando quiere echar a alguien atiborra una oficina para que sobre. Chapuzas por todos sitios. Subdirectores eficientes arrimados para promocionar a subdirector a un familiar o amigo. Oficinas sin director durante un año,así ella puede manipular a su antojo. Puenteo de directores llamando a capitulo al personal de dicha oficina. (los directores asustados preguntando al personal ¿Que te ha dicho?. !!!Como se permite por parte de la entidad tanta indignidad!!!.