26.9.08

Caixa Galicia sancionada por cesión ilegal

Cada vez é mais habitual que empresas denominadas “de servizos” actúen como se de Empresas Traballo Temporal se tratase, cedendo persoal a terceiros. Este é o caso da empresa “ESG Servicios Generales SL” do grupo Prosegur e de Caixa Galicia, sancionadas pola Inspección de Traballo de A Coruña por cesión ilegal.

O persoal en misión posto a disposición polas ETT, ten dereito a percibir as retribucións establecidas por Convenio para o persoal das empresas usuarias, coa única excepción das que se teñan a título persoal. Para abaratar o custe da cesión están aparecendo empresas "de servizos" que contratan ao persoal cunha retribución menor que a da empresa usuaria.

Este era o caso da empresa "ESG Servicios Generales SL" do Grupo Prosegur, que cedía traballadores e traballadoras a Caixa Galicia para cubrir postos de traballo propios da actividade da Caixa, e que segundo a Inspección "utilizan medios de traballo de Caixa Galicia (ordenador con clave de acceso a datos de clientes), teléfono (con extensión propia), o mesmo horario que os traballadores da Caixa, para as vacacións teñen que ser datas poñéndose de acordo con traballadores da Caixa da mesma sección, a formación e as ordes as reciben de traballadores da Caixa, a súa ubicación física confúndese cos da Caixa".

Forma parte do Plan de reconversión

A cesión forma parte dun plan de reconversión dos Servizos Centrais que a empresa aínda non deu a coñecer á representación sindical. Todo indica que pretenden subcontratar o traballo trasladando a persoal dos Servizos Centrais a oficinas da rede e, á súa vez, o persoal con contratos temporais destinado en oficinas da rede comercial en Galiza, sería trasladado forzosamente fóra do país.

Para a CIG, esta cesión ilegal é "unha mostra máis das peores prácticas laborais da Caixa de Aforros, unha Entidade sen ánimo de lucro que non pagaba a este persoal o salario correspondente e cometía un fraude a Seguridade Social cotizando por salarios inferiores aos debidos".

1 comentário:

Anónimo disse...

Desde años atrás sucede esto en la División de Sistemas con distinas empresas de servicios...