8.8.08

A axencia de calificación Fitch rebaixa a calificación


A axencia internacional de calificación Fitch rebaixou a calificación da debeda de estable a negativa debido a excesiva exposición de Caixa Galicia ao sector inmobiliario.

No seu informe Fitch destaca que nos últimos tempos a Dirección de Caixa Galicia deu pasos para reducir a exposición ao sector inmobiliario, pero que estes foron insuficientes dado que a crise económica é maior do esperado.

Destaca tamén que "a rendibilidade segue sendo mais baixa que a da maioría das Caixas españolas". Como aspecto positivo destaca a súa fortaleza no mercado galego.

1 comentário:

Anónimo disse...

¿E non di nada dos salarios de TIRANOMENDEZSAURIO REX e as suas crias?

Levánnos ó CAOS IRREPARABLE E IRREVERSIBLE. Debemos mobilizarnos todos, os sindicatos nas vosas parcelas e os traballadores/as nas nosas. NON ACUDIR A MAIS CURSIÑOS NI "INVITACIÓNS" CARALLO.