20.8.08

Política comercial de Caixa Galicia: A Triloxía do disparate

O Ministerio de Sanidade e Consumo acaba de anunciar que no outono porá en marcha unha nova normativa para impedir que por parte das empresas se utilice o chamado “Spam” telefónico: chamar aos fogares e móbiles para ofertar produtos non solicitados polos clientes, algo habitual na política comercial da Caixa.

Dende a posta en marcha da “carpetización” (proceso polo que a cada empregado se lle asignaba un grupo de clientes aos que debía chamar a todas horas para tratar de colocarlle produtos) criticamos esa medida por supoñer unha maior carga de traballo para o persoal das oficinas, pero tamén por ser unha medida molesta para a clientela.

Os que facemos as chamadas sabemos cal é, en numerosas ocasións, a reacción dos clientes fartos de que os molestemos para ofrecerlle produtos que non solicitaron.

Agora o Ministerio de Sanidade e Consumo, que anunciou unha nova lei para prohibir o “spam telefónico”, esixiu ás empresas que cesen de inmediato esas prácticas comerciais cualificadas de agresivas e desleais.

A Caixa desoíu ás oficinas que alertaron das molestias ocasionadas á clientela, quizás agora atenda a razóns obrigada por lei. Unha boa noticia para os traballadores e traballadoras da Caixa Galicia.

Pero non estamos ante un caso illado, a “re-evolución” de Caixa Galicia fundamentouse sobre tres puntos hoxe en entredito, a triloxía do disparate:

-No mes de decembro a Comisión Nacional da Competencia abriulle un expediente sancionador a Caixa Galicia por vulnerar a libre competencia forzando aos clientes coa venda cruzada.

-Agora o Ministerio de Sanidade anuncia unha normativa que pode considerar a “carpetización” como “spam” telefónico.

-E por último todos coñecemos cales son os resultados dos excesivos investimentos especulativos no sector do ladrillo.

Un bo motivo para a reflexión, non?

2 comentários:

Anónimo disse...

Eu lémbrome de cando platicaba cos amigos e amigas clientas, das nosas cousas, dos estudios dos fillos, do coche novo. Mentres abría contas e vendía productos.

Agora os clientes chegan SPAMTADOS, das tonterias por teléfono, da escasez do tempo, das colas insoportables. XA NON SOMOS AMIGOS, somos outros que andan a foder. ¿QUEN E A MENTE RETORCIDA QUE NOS ESTA AFUNDINDO DELIBERADAMENTE? ¿PORQUE NINGUEN FAI NADA? Estou acollonado.

Anónimo disse...

En mi oficina no somos capaces de salir un solo día a la hora y aun encima el director deja entrar a clientes cuando la caja está cerrada.

No sé que puedo hacer.