9.6.08

Un Director Xeral adxunto dí que el non sería cliente da Caixa

Vergoñento, podemos tildar o correo co que o novo Director Xeral Adxunto, Sr. Rivero, honrou o mércores día 4 a un grupo de oficinas. Dado que é un correo de interese xeral para o persoal da Caixa (¿e de obrigado cumprimento?) pensamos que é bo que o coñeza toda a rede de oficinas:

Ayer visitando oficinas en una Territorial de Red 1, he podido observar la poca atención y la escasa o nula preocupación por la IMAGEN de nuestra Entidad.

El desorden, carteles pegados a los mostradores, a las puertas, impresos desordenados en mesas, expedientes por doquier, armarios abiertos, cajas de cartón a la vista del público y lo más lamentable, publicidad en los expositores atrasada.

Esto obviamente, no es la IMAGEN que queremos para nuestra Caja (estoy hablando de oficinas reformadas recientemente).

De poco vale el envío de este correo con mis comentarios si los DIRECTORES DE OFICINAS, COORDINADORES DE NEGOCIO Y DIRECTORES TERRITORIALES no controlan y siguen estas cosas.

Es necesario y muy conveniente, que en las visitas que se realicen a las OFICINAS (¿?)se cuide el orden, la imagen y traslademos a la plantilla esta inquietud y necesidad para lograr una sensibilización que nos lleve a mejorar con rapidez.

Todo ello, contribuirá al logro de nuestros objetivos.

Sólo una reflexión: que creen que pueda pensar alguien que entra por primera vez en una OFICINA en la que el desorden cunde por doquier???????

No sería yo el que me haría cliente, Vds. si??????”


Dende hai moito tempo os traballadores/as vimos demandando medios humanos para poder afrontar as cada día máis insoportables cargas de traballo, provocadas por vostede, pola súa inexplicable política comercial que nos castiga cunha burocracia informática e presencial que non sirve para nada, con decenas de correos de control diarios, con reunións multiconferencia, con múltiples e constantes “invitacións-convocatorias” fóra do horario laboral, etc.

Lembrámoslle que máis de un 70% das oficinas están dotadas con 2 ó 3 empregados/as, que as propias Territoriais recoñecen que padecen unha situación de “falta de persoal” e que a situación se agrava polas cada vez máis frecuentes baixas de tipo “stress”, “depresión”, “cefaleas tensionais”, etc.

Se nas oficinas hai demasiada publicidade e non cabe nos expositores é porque, como vimos denunciando, o departamento que vostede dirixe pon en marcha tantas campañas comerciais (coa súa correspondente publicidade) que sobrecarga a propia rede comercial.

Queremos contestar á súa reflexión sobre non ser cliente da Caixa:

Se Caixa Galicia continúa gañando clientes e conservando os que ten (a pesar de todo), é grazas ao esforzo dos milleiros de bos profesionais que traballamos na rede de oficinas. Precisamente grazas ás persoas QUE VOSTEDE E OS SEUS MANDADOS DESPREZAN.

Tamén estamos seguros de que se calquera traballador/a dixera que nunca sería cliente de Caixa Galicia a empresa tomaría medidas de inmediato. Mágoa que quen máis lle debe a Caixa Galicia sexa quen a despreza publicamente.

En definitiva Sr. RIVERO, o seu correo, como as últimas medidas postas en marcha por vostede, amosan un total descoñecemento da realidade diaria da rede.

Déixenos traballar, que o sabemos facer efectiva e produtivamente (30 anos nos avalan).

2 comentários:

Anónimo disse...

Si venderades ao peso a propaganda que tedes nas oficinas ainda sacaríades un bo pico.

Tampouco estaría mal que deixarades de agobiarnos chamando por teléfono para chorradas. Tamén aforrariades unha pasta.

Digo por que despois me freides a comisións cada vez que entro pola porta.

Anónimo disse...

E para os coordinadores que están a recomendar visitar oficinas de "A CAIXA" para tomar exemplo, decirlles que todo o tema da publicidade a leva unha empresa externa, e os traballadores/as non gastan 1 segundo do seu tempo en estas "tan importantes" cuestións.
E si non, para aforrar que o fagan os propios coordinadores e deixen de tocar o nabo con tanta chamada e correo.