9.6.08

Os ministros de traballo da UE queren ampliar a xornada laboral

A CIG tivo unha posición contraría a Constitución Europea que anunciaba este tipo de recortes.

O Consello de Ministros da UE aprobou ampliar a xornada laboral máxima para todos os paises da Unión das 48 horas actuais ata as 65. Esta ampliación debería ser negociada individualmente por cada traballador/a, sen dar cabida a negociación colectiva, o que supón un recorte das liberdades sindicais.

Por outra parte tamén modificouse a lexislación europea sobre ETT (Empresas de Traballo Temporal), pretenden que non se equiparen en dereitos salariais ao persoal contratado directamente polas empresas ata que trasncurran 12 semanas dende a súa contratación.

Estas medidas antilaborais poñen unha vez mais en evidencia o caracter mercantilista e antiobreira do antigamente denominado Mercado Común Europeo, un nome mais acaido que o actual.

Podes ver neste enlace coa galipedia un artigo sobre o significado do primeiro de maio e sobre a histórica loita sindical pola xornada das 8 horas.

3 comentários:

Anónimo disse...

Caixa Galicia, empresa innovadora e moderna xa está aplicando a xornada das 65 horas en moitos departamentos e oficinas.

Anónimo disse...

Por certo, seica Amancio Ortega comprou 20 oficinas, venderemos tamén vestidos e traxes nas oficinas?

Fódase pá disse...

Este ataque contra os dereitos dos traballadores, dende a hipocresía do goberno central que aposta pola "conciliación da vida laboral e familiar", é unha pequena anecdota dentro do que se nos aveciña amparado no "Tratado de Lisboa". Penso que poderíamos evalualo e explicalo (laboral e socialmente) nun enlace con esta páxina e preparar os Compañeiros/as para as, sin duda, vindeiras mobilizacións. Gracias.