O Consello de Ministros da UE aprobou ampliar a xornada laboral máxima para todos os paises da Unión das 48 horas actuais ata as 65. Esta ampliación debería ser negociada individualmente por cada traballador/a, sen dar cabida a negociación colectiva, o que supón un recorte das liberdades sindicais.
Por outra parte tamén modificouse a lexislación europea sobre ETT (Empresas de Traballo Temporal), pretenden que non se equiparen en dereitos salariais ao persoal contratado directamente polas empresas ata que trasncurran 12 semanas dende a súa contratación.
Estas medidas antilaborais poñen unha vez mais en evidencia o caracter mercantilista e antiobreira do antigamente denominado Mercado Común Europeo, un nome mais acaido que o actual.
Podes ver neste enlace coa galipedia un artigo sobre o significado do primeiro de maio e sobre a histórica loita sindical pola xornada das 8 horas.
3 comentários:
Caixa Galicia, empresa innovadora e moderna xa está aplicando a xornada das 65 horas en moitos departamentos e oficinas.
Por certo, seica Amancio Ortega comprou 20 oficinas, venderemos tamén vestidos e traxes nas oficinas?
Este ataque contra os dereitos dos traballadores, dende a hipocresía do goberno central que aposta pola "conciliación da vida laboral e familiar", é unha pequena anecdota dentro do que se nos aveciña amparado no "Tratado de Lisboa". Penso que poderíamos evalualo e explicalo (laboral e socialmente) nun enlace con esta páxina e preparar os Compañeiros/as para as, sin duda, vindeiras mobilizacións. Gracias.
Enviar um comentário