18.6.08

II Xornadas o atraco como risco laboral no sector financeiro


O pasado 16 de xuño celebráronse as II xornadas de saúde laboral do sector financeiro. Unhas xornadas que se centraron, principalmente, no traballo sindical a realizar para abordar o atraco como risco laboral e para conseguir o recoñecemento dos postos de traballo con PVD, pantallas protección de datos.

Estas xornadas foron desenvolvidas co apoio do Gabinete Confederal de Saúde Laboral e contaron coa presenza da Inspectora de Traballo, Elena Mancha, que fixo unha achega do atraco como risco laboral dende a perspectiva deste organismo público.

Posteriormente o Secretario da Federación Clodomiro Montero abordou o traballo sindical a desenvolver nesta materia a nivel de empresa, toda vez que nos Convenios Estatais de Bancos e Caixas os sindicatos estatais renunciaron a incluír o recoñecemento do atraco como risco laboral.
Nestas xornadas, nas que participaron 40 delegados e delegadas de Bancos e Caixas de Aforros, analizouse tamén a necesidade de recoñecer os postos de traballo como PVD.

Considérase como posto PVD aquel no que se realiza traballo cunha pantalla de ordenador mais de catro horas ao día, o que supón un risco para a saúde. Malia que o persoal das entidades financeiras pasa mais de catro horas diarias fronte a pantalla do ordenador as empresas non recoñecen os postos como PVD.

O recoñecemento dos postos de traballo de Bancos e Caixas como PVD conlevaría entre outras cuestións o establecemento de controis médicos específicos de saúde ou incluso descansos e pausas durante a xornada laboral.

Sem comentários: