26.6.08

Modificacións SRV para o segundo semestre

A empresa remitiunos unha proposta de modificación do SRV para o segundo semestre do ano. Os pesos xerais da Rendibilidade, Negocio e Clientela permanecen iguais que no 1º semestre deste ano 2008, pero redistribúese o peso de cada una das métricas.

Diminúe o peso de Marxe Ordinario dun 25% a un 15%, así como o das Comisións Netas do 11% ao 10%, mentres que os pesos de Tipo de xuro dos Investimentos suben de 6% a 15%,ao igual que Tipo de xuros Captación do 6% ao 8%.

Redistribúense os pesos do investimento: diminúese Consumo dun 6% a un 4% e sube Pemes e Hipotecas dun 7% a un 8% respectivamente.

Dende a CIG entendemos que estas propostas non modifican o esencial e así mesmo temos realizado unha serie de achegas para mellorar o SRV para que sexa unha retribución máis xusta, sen que isto signifique que estamos de acordo coa retribución variable.

1. Desaparición do interruptor por baixa por enfermidade.

2. Establecer o dereito ao cobro da retribución variable devengada polo persoal con contratos temporais cando finalicen o seu contrato, propoñendo que a parte devengada e proporcional sexa abonada coa liquidación.

3. Modificar o interruptor de morosidade para garantir o cobro do SRV cando se regularice o préstamo ou crédito en mora.

4. En canto ao escalado do SRV e dado que entendemos que amplía a fenda retributiva entre homes e mulleres, pensamos que debería abordarse a modificación dos importes na comisión negociadora do Plan de Igualdade.

En todo caso agardamos pola contestación da empresa sobre estas cuestións, da que vos daremos cumprida conta.

Sem comentários: