17.5.08

Urazca deixa un burato de 42,7 millóns de euros

A crise da inmobiliaria Urazca atrapou tamén a Caixa Galicia, deixando un burato de 42,7 millóns de euros. As provisións que terá que realizar a Caixa seran equivalentes ao 31% dos beneficios do pasado ano 2007.

A quebra de Urazca sumase a de Colonial (en torno a 38,6 millóns de euros) e a de Astroc (un saco sen fondo) que tamén afectaron a Caixa. A mala xestión da equipa Directiva encabezada por Méndez queda así novamente ao descuberto.

Estas perdas non son unha sorpresa, as axencias internacionais de calificación Moody´s e Fitch rebaixaron a calificación da débeda de Caixa Galicia por considerar que nos últimos tres anos incrementou a súa exposición ao mercado inmobiliario o que podería afectar a súa solvencia.

O cambio de modelo de xestión fai tres anos, impulsou unha política de persoal baseada na explotación pura e dura. Agora esa explotación incrementarase ata a extenuación para cubrir as perdas económicas froito da especulación da Caixa de Aforros no sector do ladrillo.

Sem comentários: