16.5.08

A CIG dicia a verdade: reconvertiron a Caixa de Aforros de Galicia para privatizala


Dende que no ano 2005 a Dirección de Caixa Galicia comezou un fondo proceso de reconversión e bancarización da Caixa de Aforros, o noso sindicato denunciou nos órganos de goberno, diante dos traballadores e as traballadoras e nas numerosas mobilizacións que o obxectivo último era a privatización.

A Dirección da Caixa Galicia negou permanentemente as acusacións da CIG, pero agora por fin as cartas están sobre a mesa.

A restruturación da empresa tiña como fin a privatización da maior empresa propiedade dos galegos e galegas coa emisión de cotas partipativas, instrumento semellante as accións sen voto das sociedades anónimas. Alertamos durante os últimos anos de que esta era a intención da empresa, podes ver aquí diferentes artigos relativos a esta cuestión, tanto publicados na web da CIG como neste blog.

Na vindeira Asemblea a Dirección ten previsto propoñer a emisión das cotas participativas, un paso mais adiante para a triste conversión da Caixa de Aforros de Galicia nun Banco.

Hoxe coma onte a CIG dirá SI a Caixa de Aforros e NON aos especuladores e a transformación da Caixa nun Banco.

1 comentário:

Anónimo disse...

metede a Xunta no allo.