15.5.08

O Catedrático de Economía Xavier Vence critica a xestión da Caixa

Na páxina web da CIG dispos dun resumo das xornadas formativas para cadros da central sindical celebradas o pasado mes de abril co Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Compostela Xabier Vence, baixo o título "A crise do modelo neoliberal e propostas alternativas".

Durante as xornadas Xabier Vence analizaba a crise actual do sistema neoliberal presentando unha serie de propostas alternativas para o debate.

Abordou tamén a situación das Caixas de Aforros e o seu escaso compromiso para con Galiza, para Vence: -"rompendo coa moda neoliberal, desde aquí podíase elaborar unha nova lei de caixas para implementar unha estratexia de compromiso efectivo das caixas de aforro co sistema produtivo e obviamente nunha selección estratéxica dos sectores produtivos nos que interesa que participen. Nese sentido estamos no último ano da lexislatura do actual goberno autonómico e a miña principal frustración con respecto a este goberno é que non tocou nin unha coma da lei de caixas e aceptouse dunha forma absolutamente submisa o poder económico das dúas caixas, en particular de Méndez; é algo que está no debe deste goberno, en particular do PSOE, que é o responsábel da Consellaría de Economía".

Unha analise para compartir.

Sem comentários: