14.5.08

Xornadas Plans de Igualdade

Hoxe celebráronse en Compostela as I Xornadas sobre Plans de Igualdade elaboradas pola Federación de Banca e Aforro da CIG, co fin de afondar no coñecemento da normativa estatal e galega que regula a elaboración e posta en marcha destes instrumentos que perseguen a plena integración das mulleres nas empresas.

Nas xornadas participaron compañeiras da Sección Sindical da CIG en Caixa Galicia que participan neste momento na negociación do Plan de Igualdade.

Sem comentários: