21.5.08

A Dirección prepara a saída a bolsa da Caixa Galicia

Méndez soña coa saída a bolsa da Caixa

É público que non compartimos o modelo de xestión da Caixa Galicia, temos denunciado en numerosas ocasións a reconversión incesante que sacude a Caixa Galicia dende o ano 2005. Non podemos estar a favor dun novo modelo de xestión empresarial neoliberal e, polo tanto, especulativo no económico e moi agresivo no laboral. Unha xestión que nos ten levado a onde estamos hoxe.

Ao longo dos últimos meses o persoal, nomeadamente o da rede de oficinas, tivo que facer fronte con moi pouco apoio da Dirección, a numerosos rumores sobre a situación da Caixa. Malia non compartir o modelo de xestión, dende a CIG gardamos silencio público por responsabilidade. Agora, ante os novos pasos que pretende poñer en marcha a Dirección, é o momento de dicir: ata aquí chegamos.

As diferentes axencias de cualificación alertaron xa o pasado ano da excesiva exposición de Caixa Galicia ao sector do ladrillo, rebaixando a cualificación da débeda e alertando sobre posibles riscos para a solvencia, o que unido á crise financeira internacional podía provocar falta de liquidez.

Neste senso as noticias sobre Astroc, Colonial ou agora sobre a aplicación da Lei Concursal á inmobiliaria Urazca, son malas noticias anunciadas, froito da especulación no sector do ladrillo.

Ante esta situación a Dirección da Caixa ten afrontado a crise con medidas dispersas para incrementar recursos propios mellorando o core-capital e para conseguir liquidez: a venda de préstamos de difícil cobro; as desinversións de participacións en empresas; a entrada de capital privado na Corporación ou o anuncio da posible venda dos locais das oficinas de fóra de Galiza son algunhas delas. Todas estas medidas provocaron e provocan rumores e incerteza entre os clientes e os traballadores e traballadoras.

Agora, nunha fuxida cara adiante, a Dirección de Caixa Galicia pretende solicitar autorización á Asemblea Xeral para a emisión de cotas participativas, apostando pola entrada de capital privado e polo tanto pola privatización da Caixa de Aforros de Galicia.

Sempre dixemos que ese era o obxectivo da Dirección, reconvertir a Caixa para privatizala; o tempo unha vez máis pon a cada un no seu sitio.



Fai un ano ante as declaracións da CIG a Dirección negaba que ese fora un dos obxectivos. Consulta aquí as declaracións do Director Xeral aos medios en febreiro de 2007, a referencia as cotas participativas está ao final do artigo.

5 comentários:

Anónimo disse...

Xa era hora de que a CIG volvera.
Levades moito tempo sen dar a cara.
Seguimos como fai un ano ou pior.
Voltade a manter a tensión.Todo-los traballadores vos necesitan.

Anónimo disse...

¿XUNTA DE GALICIA? ¿IÑORANTE OU COMPLICE CORRUPTA?

Anónimo disse...

Al del "Chimpín": tu que eres el martillo de herejes y guardian de las esencias?

Venga hombre vete a dar lecciones a otros!!!.

Anónimo disse...

Isto necesita voltar as movidas. Votasenos de menos na Rua

Anónimo disse...

En tempos de mentiras contar a verdade convirtese nun acto revolucionario