29.5.08

A moda dos chiquilicutres

Este comunicado estaba pensado inicialmente para a Territorial de Pontevedra, pero dado que ten validez para outras moitas Territoriais queremos envialo a toda a Caixa.

A elegancia e as formas pasaron de moda, agora chega A CHIQUILICUATREMANÍA. E como non podía ser doutro xeito tamén se implanta na nosa Entidade.

Xa temos claro, e así o vimos denunciando fai moito tempo ante os máximos responsables das Relacións laborais da Caixa, que a falta de respecto no persoal e profesional se está impoñendo como norma de comunicación cos traballadores/as, especialmente coas Direccións.

Nas últimas semanas parece que por parte dos COORDINADORES, novos e vellos coñecidos, se está a incrementar inxustificadamente este acoso con diferentes graos de intensidade, e para que se entenda describimos algúns exemplos.

O CURSIDANCE: Seguimos padecendo o síndrome “invitación” en horario de tarde, que disfrazado de cursiño nos sorprende con controis de presentacións, controis de campañas, controis de previsións, e control dos controis. En definitiva CONTROL, CONTROL e máis CONTROL.

O CRUZAITO: O atrevemento chega ao máximo cando aos coordinadores se lles “cruzan” os cables e chaman a aqueles Directores/as que non asisten a estas convocatorias pedindo xustificación da non asistencia (algún ousado ata o pide por escrito).

Ninguén ten que dar explicacións do que fai fóra do horario laboral.

Aínda van máis alá, impedindo o paso a compañeiros/as que chegan “tarde”??? a ditas invitacións, proclamando que é unha falta de respecto para os demais. Nin preguntan se estes compañeiros/as tiveron algún problema e se veñen ou non comidos. O colmo da chiquilicuatrada.

O HORARIOJACSON: Estes iluminados chaman a primeira hora para “detectar” se na entrada nas oficinas se sigue escrupulosamente o horario e lle lembran aos infractores que a chegada é ás 08:00 horas. Mágoa que non fagan o mesmo na hora de saída e polo serán.

OS ROBOCOP: Outro caso, son as “broncas” que reciben os/as compañeiros/as por enviar os partes de previsións máis tarde das 13:30 horas. Algún recibiu unha chamada de atención por estar enviado ás 13:35 horas. Non importa nin a carga de traballo, nin que se estea atendendo a clientes nin que se vaia asinar á notaría, etc. Para algún coordinador é inxustificable esta situación. Queren traballo robotizado. ¿Impórtalles realmente o contido, ou tan só que entre no tempo previsto?

Como mirades, isto cada día vai de mal en peor. Nós tomaremos as medidas sindicais que están ao noso alcance, voltaremos á Inspección de Traballo (as últimas denuncias presentadas en Vigo sancionáronse con dúas faltas graves por un importe de 12.000 euros) e, se isto non se amaña CAÑA, CAÑA, CAÑA.

3 comentários:

Anónimo disse...

Magoa que a Caixa prefira darlle 24.000 euros en multas a Seguridade Social que pagar as horas extras do persoal.

Ou será que a Consellería de Traballo condona as sancións?, nunca se sabe.

Anónimo disse...

Fai tempo que se nos vota de menos na inspección de traballo. Sei ca teñen pouco chollo, polo que deberiamos animarlles un pouco o cotarro, xa que non entenden outra lenguaxe.

Anónimo disse...

e certo que na territorial corunha veñen de suspender as vacacion os directores????