Delegados da nosa Sección Sindical participaron hoxe de xeito solidario na mobilización convocada polos nosos compañeiros de Caixanova contra unha vaga de despedimentos inxustos nesa empresa, o último deles na oficina de Sarria onde un traballador, que foi na candidatura da CIG, ven de ser despedido.
Para mais información podes entrar no blog irmao da Sección Sindical da CIG en Caixanova.
5 comentários:
Unha destas pero en Tenerife xa é o que fai falta.
Ben polos de Caixanova, pero non esquezades dar caña en Caixa Galicia aquí as cousas van de mal en peor e hai moitos rumores sobre a situación económica.
A miña noraboa para os solidarios, magua que non sexan mais, ainda que as veces mais vale calidade e non cantidade. Xa me houbera gustado estar con vosco berrando contra as inxustizas, seguro que haberá mais oportunidades.
Desgraciadamente seguro que haberá mais oportunidades, as empresas, incluida Caixa Galicia, estan cada día mais crecidas e a división sindical non fai mais que darlle forza, non?
Compañeiro anónimo, os que teñen un mesmo fin, an de checar a entenderse por forza. O inimigo tamén anda frouxo, e nestes momentos (ainda que penses o contrario)moi preocupados. A loita activa e a solución. deixar os xogueciños de cafetería e escomenzar a limpar a borralla. Todo irá millor.
Enviar um comentário