11.4.08

O IPC interanual acada o 4,6 en marzo

Os prezos volveron subir no mes de marzo. No país, o aumento foi do 1% con respecto a febreiro, co que o IPC interanual acada o 4,6%. No que vai de ano, os prezos medraron 0,2 puntos. A principal suba do mes produciuse no grupo de vestido e calzado, cun 3,7%, seguido do transporte, con 1,8%. Só baixou a medicina, un 1,2%.A suba do índice de prezos ao consumo, que facilita o Instituto Nacional de Estatística (INE), superou nunha décima a do total estatal, que foi de 0,9. O dato interanual é tamén unha décima inferior no Estado Español, onde se acadou o 4,5%.A nivel estatal, os bens de consumo que máis contribuíron á suba dos prezos en marzo foron a froita fresca, os carburantes, as prendas de vestir e as viaxes organizadas. No outro extremo, baixaron o peixe fresco e os medicamentos.

1 comentário:

O Cipote de Archidona disse...

Menos mal que non me subiron a Viagra, o que me faltaba era que tamén a muller me puxera os cornos.