17.1.08

Mobilización da CIG e UGT ante a Convención

As Seccións Sindicais da CIG e UGT anunciaron unha mobilización conxunta ante a Convención Anual convocada por Caixa Galicia para este sábado día 19 de xaneiro, día non laboral no sector.
No mes de decembro abriuse un proceso de negociación entre a Caixa e os sindicatos, tanto para negociar o “Regulamentos de Préstamos e Anticipos” e o “Regulamento de Presenza no Traballo”, pero tamén está prevista a apertura doutra serie de mesas nas que pretendíamos abordar medidas relacionadas coa falta de persoal e a desmedida presión comercial.

Inicialmente pactouse abordar aquelas materias onde o acordo era mais doado para seguir avanzando, pero a día de hoxe a negociación está practicamente bloqueada.

Moitas das mesas previstas nunca foron convocadas, cambiando a empresa permanentemente a orde do día para deixar fora da axenda cuestión de vital transcendencia como poder ser todo o relacionado coa dotación de persoal, equipas de substitucións, emprego e cargas de traballo.

Ante esta situación CIG e UGT aprobamos mobilizarnos conxuntamente ante a Convención Anual prevista para o vindeiro día 19 de xaneiro na Coruña. Con esta mobilización queremos denunciar o deterioro das relacións laborais en Caixa Galicia así como o bloqueo da negociación.
O vindeiro día 19 de xaneiro estaremos xunto cos 1.000 compañeiros e compañeiras que non poderán disfrutar do seu merecido descanso semanal nun acto que ten como fin o lucimento da Dirección. Circunstancia especialmente dolosa para os que teñen que desprazarse ata a Coruña dende outras partes do Estado. En todo caso si por capricho da Caixa ese día e laborable para parte do persoal, tamén será un día laboral para a representación sindical.

2 comentários:

Anónimo disse...

Tomade boa nota de quen vai e de quen queda na casa. Para Esixir primeiro se ten que demostrar.

Anónimo disse...

Esperemos que non fagades como na folga e a última hora dedes volta atrás. Temos que dar muita caña todos/as.
Ahora mais que nunca:
A por eles oe!!!!!!!!!!!!!!!!