17.1.08

"Novidades Eloina"

O “acordo” de préstamos que presenta CCOO para eles é unha novidade, para nos non é tal. Fundamentalmente tratase da proposta que avanzamos o resto dos sindicatos coa empresa na última reunión da Mesa Negociadora do “Regulamento de Prestamos e Anticipos” o pasado 26 de decembro.

CCOO non asistiu daquela á reunión, polo que é normal que consideren agora a proposta da empresa como unha novidade e amosen a súa disposición a asinala (para asinar coas empresas sempre están ben dispostos).

Aquel 26 de decembro a CIG-UGT-CSICA continuamos a negociación coa empresa en base as nosas respectivas Plataformas, modificando RRHH a súa posición inicial, adiantando os puntos fundamentais que agora presentan agora os “ausentes” como unha novidade conseguida por eles.

Non podemos mais que agradecerlle a CCOO con orgullo que consideren como moi positivo o conseguido polo resto das representación sindical durante a súa ausencia da mesa de negociación.

En todo caso quedan por negociar as cuestións máis importantes, as que deben dar saída aos problemas mais graves que temos hoxe por riba da mesa: a deficiente dotación de persoal das oficinas e das equipas de substitucións; regular as cargas de traballo e rematar coa presión desmedida para que consigamos os obxectivos inalcanzables que nos impón a Dirección.

Ata o de agora a Caixa está bloqueando estas negociacións, xa lle anticipamos que non admitiremos mais adiamentos, o persoal de Caixa Galicia non pode agardar mais.

Por último dicirlle á Dirección da Caixa que estivo ben o que fixo, pero deben esforzarse mais, moito mais.

4 comentários:

Anónimo disse...

Sempre chegan tarde a Misa e repiqueteando. Os demais arranxan as cousas e os "figuras" chegan a vender fume.

CCOO = VENDIDOS ÁS PATRONAIS E Ó PP.

Anónimo disse...

QUE SABEDES DISTO????

Cincuenta mil trabajadores de las cajas podrían ganar hasta 18 meses de antigüedad por una sentencia.
http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2008/01/18/0003_6489280.htm

Anónimo disse...

A sentencia di que si un compañeiro que tivo contratos temporais, se lle ten que contar todo ese tempo para o ascenso por antiguedade.
exem. para auxiliar A tiñas que estar 3 anos de Aux B e para este 3 anos de Aux. C.
Si estabas temporal sempre estabas de Aux C pero esta sentencia ven decir que despois de 3 anos traballados pasabas a B ainda que os contratos non foran seguidos e tiveras que ir tempo o paro .
Con esto a alguns se lle vai que ter que modificar a antiguedade e poder ser en cartos como maximo o importe de 1 trienio de nivel XI
Podese reclamar 1 ano para atras
Un saudo a B.couceiro que me estara leendo.