24.1.08

Mínimos en Informática

O pasado luns 21 de xaneiro celebrouse una asamblea de traballadores da División de Sistemas para tratar a situación de bloqueo de tódalas iniciativas sindicais dos comités do CPD e de Servicios.

Actualmente, toda proposta, por moi razoable e económica que sexa, en asuntos de Seguridade e Hixiene (dous traballadores feridos con baixa e secuelas permanentes), aparcamento (conflictos entre compañeiros, con intervención da grúa municipal e seguridade do polígono), formación, etc., é bloqueada sistematicamente, levándonos a unha situación pre constitucional e de ninguneo da representación social.

O último detonante ten sido o intento de instaurar un cambio unilateral da definición de postos dos traballadores de informática por parte de Recursos Humanos e da DGA de Sistemas. E esto prodúcese tras ter chegado a un pre-acordo en xullo de 2007 e que se rompeu por querer Recursos Humanos introducir subrepticiamente unha cláusula sobre xornada partida que consideramos improcedente. Evidentemente, hai algunha man negra detrás para implantar como sexa a xornada partida.

Todo elo nun contexto, igual que no resto da empresa, de desmadre nas promocións internas, preferencia sistemática de enchufados ou “fichaxes” sen perfil nin currículo (pero de determinados estamentos socio-relixiosos) na cobertura de postos, incoherencias nas avaliacións persoais e correspondentes SRV, desmotivación profesional xeneralizada, presións de cumprimento de prazos imposibles, etc.

Por todo elo a asamblea decidiu que o persoal informático porase en funcionamento mínimo tódolos xoves a partir do día 24 de xaneiro. Non se desbotan medidas máis enérxicas no futuro.

Queremos expresarvos a tódolos compañeiros de oficinas e servicios centrais o noso pesar por ter que chegar a este extremo e pedirvos comprensión e solidariedade ante as inconveniencias, lentitude, funcionamento inhabitual, etc., que esta protesta poda supoñer na utilización dos recursos informáticos na realización das vosas tarefas habituais.

Agradecemos tódalas mostras de apoio que queirades comunicarnos no enderezo electrónico comitescpdcaixagalicia@yahoo.es

Comités de Sistemas (CPD e Servicios)

Sem comentários: