24.1.08

Candidatura co apoio da CIG para os órganos de goberno

Todos os sindicatos en maior o menor medida vimos denunciando nos nosos comunicados a situación laboral que padecemos os traballadores e traballadoras de Caixa Galicia, pero só a CIG deu o paso en numerosas ocasións de plantarlle cara a empresa con asembleas, mobilizacións, conflitos colectivos e intervencións nos órganos de goberno.

Hoxe ante as eleccións para os Conselleiros Xerais en representación do persoal teremos a opción de elixir entre quen se queda nunha mera crítica nos seus comunicados e quen pon todos os medios ao seu alcance para dar resposta a cada unha das medias anti-laborais da empresa: a CIG.

Os traballadores e traballadoras das Caixas de Aforros temos dereito a estar presentes nos órganos de gobernos destas entidades. Pero o regulamento destas eleccións atenta contra a liberdade sindical impedindo que os sindicatos podamos representar directamente aos traballadores e traballadoras, as candidaturas son individuais. Neste senso queremos que coñezades as persoas que se presentan co apoio da CIG:

-Francisco Diéguez Rodríguez (Ourense)

-Ana Fragoso Robelo (OP A Coruña)

-Benito García Argibay (Compostela)

-Teófilo Xabier García Rodríguez (Lugo)

-Jose Manuel González Grosi (Pontevedra)

-María Mosquera González (A Coruña)

-Germán Neira Rodil (A Coruña SSCC)

-Fernando Piñeiro Anllo (Lugo OP)

Sem comentários: