17.1.08

A CIG medra mais de 1.000 delegados/as nas eleccións sindicais

O sindicalismo nacionalista avanza do 26,2% en 2003 ao 28,6% en 2007 e pasa a ser a segunda forza en Galiza. A CIG medra en máis de 1.000 delegados a súa representación nas eleccións sindicais.

Para o secretario xeral da CIG, o máis salientábel é que estes resultados obtivéronse porque “non houbo abandono do noso modelo sindical, nin sometemento ao poder, senón todo o contrario: reafirmámonos nun modelo sindical de clase, participativo, de base, combativo, cunha organización sindical claramente galega, que reivindica un Marco Galego de Relacións Laborais con total e absoluta soberanía para o noso país. Non abandonamos nada dos nosos presupostos e marcamos claramente as diferenzas co que é o sindicalismo español”.

“Trátase dun resultado histórico que reafirma o modelo que representa a CIG e constata o avance do sindicalismo nacionalista”. Así avaliaba a Executiva Confederal da CIG, que compareceu en pleno ante os medios de comunicación, os resultados do proceso de eleccións sindicais rematado o pasado 31 de decembro. Uns resultados que a sitúan como segunda forza, con 5.623 delegados/as por diante de CCOO, que obtivo 5.576, e a tan só 556 de UGT.

O avance da CIG non só se reflicte nos resultados obtidos a nivel nacional. En comarcas como Vigo, Ferrol, A Mariña e Compostela a central sitúase como primeira forza. Por sectores, tamén é primeira forza en Metal, Mar, Sanidade, Químicas e Ensino Público. En Banca, Construción e Servizos colócase como segunda forza, neste último caso, ademais, moi preto da primeira.

Cómpre subliñar ademais que nestas eleccións sindicais elixíronse 19.677 delegados, o que supón 2.166 delegados máis respecto das de hai catro anos e que deses, o 50% foron a para á CIG, ou sexa, 1.000.

Para o secretario xeral da CIG, o máis salientábel é que estes resultados obtivéronse porque “non houbo abandono do noso modelo sindical, nin sometemento ao poder, senón todo o contrario: reafirmámonos nun modelo sindical de clase, participativo, de base, combativo, cunha organización sindical claramente galega, que reivindica un Marco Galego de Relacións Laborais con total e absoluta soberanía para o noso país. Non abandonamos nada dos nosos presupostos e marcamos claramente as diferenzas co que é o sindicalismo español”.

Pero manter estes posicionamentos supuxo para a CIG ter que superar “probas moi duras canto a poder montar as nosas candidaturas nas empresas, porque a patronal si opta sindicalmente, e non precisamente pola CIG”.

Malia as dificultades, a CIG pasou de 4.594 delegados/as en 2003 a 5.623 en 2007. Uns resultados que Seixo atribuiu tamén aos posicionamentos mantidos durante este período contra a Reforma Laboral e a Reforma da Seguridade Social -asinadas polos sindicatos estatais-; á oposición á política de moderación salarial -que se concretou nos Acordos Interconfederais que se veñen asinando desde hai sete anos e que teñen provocado a perda de poder adquisitivo da clase traballadora-; á constante reivindicación de incrementos salariais por riba do IPC previsto polo goberno e ás numerosas mobilizacións convocadas, sobre todo, no marco da negociación colectiva, en defensa dos intereses da clase traballadora.

Neste sentido lembrou os importantes avances acadados en loitas como as do Metal e da Construción en Pontevedra, nas que se convocaron duras folgas e nas que se deu moitísima participación por parte dos traballadores e traballadoras afectados. “Mobilizacións grazas ás que acadamos incrementos por riba dos topes que marcan CCOO, UGT e a patronal e grazas aos que conseguimos introducir mecanismos de loita contra a precariedade laboral que son claramente contrarios ás dinámicas que recollen nos seus pactos asinados a nivel de Estado. Esa parécenos que é a liña que hai que seguir e non seguir subvencionando con cartos públicos aos empresarios”.

Acordo Galego polo Emprego

Suso Seixo tamén valorou a decisión da CIG de abandonar as mesas para un Acordo Galego para o Emprego como a máis axeitada, sobre todo tras coñecer os contidos do acordo finalmente asinado. “Nós entendiamos que había que ir a políticas máis de fondo como políticas de cohesión social e territorial, pero limitáronse a recoller políticas activas -que non modifican substancialmente as aplicadas pola anterior Administración- adornadas cuns acordos en materia de negociación colectiva e de Saúde Laboral que son meras declaracións de intencións. Tampouco compartimos a dinámica de diálogo social permanente, como se aquí non existiran relamente contradicións entre o que é o goberno, a patronal e os intereses da clase traballadora que, en teoría e cando menos, está representada polas organizacións sindicais aí presentes”.

2 comentários:

Anónimo disse...

participativo, combativo, reinvidicativo. GÓSTAME, pero gostaríame mais se fórades nesta Caixa MAIS RADICAIS, MAIS HOSTIAS E MENOS PALABRAS. É o que se merecen. Se esto non se amaña, caña, caña, caña.

Anónimo disse...

Pois non queda outra que felicitarnos todas e todos os nacionalistas e galeguistas de pro.

Comisións xa quedou atrás, fódase pá, o que as fai as paga.