A Comisión Nacional da Competencia ten aberto expedente sancionador a Caixa Galicia por vulnerar a libre competencia forzando aos clientes coa venda cruzada. A venda cruzada é o eixe principal da nova política comercial da Caixa Galicia.
En numerosas ocasións temos trasladado a Dirección que estamos ante unha práctica que raia a ilegalidade. Tamén alguns apoderados vironse forzados a deixar o seu cargo por opoñerse a un modelo comercial baseado no abuso de confianza cara os clientes. Agora a CNC ven de darnos a razón coa apertura deste expedente.
O expedente foi aberto a varias entidades, entre as que tamén está incluida Caixanova. A Consellería de Economía do goberno galego garda silencio e permanece sospeitosamente desaparecida fronte a este posible abuso á clientela por parte das Caixas Galegas. Unha vez mais a Xunta de Galicia continua sen exercer o control sobre as Caixas que ten establecido por Lei.
Polo visto na Caixa Galicia xa non só vulneran a lexislación laboral.
Poder ver aquí a noticia publicada polo País
Ou a nota de prensa da CNC
4 comentários:
De que se rien? riense de nos
Si é obrigar a contratar un seguro cando pides un prestamos é ilegal, obrigar a mercar un ordenador, a moto, a tv e todo o bazar completo debe ser para que nos metan na carcel e tiren a chave.
Viva a familia!!
Nin con estas aprenderán. Seguiremos coa sua andaina que a larga traranos a perda dos clientes por aburrimento. Eu me pregunto ¿Donde carallo anda a Xunta?
Ese é o verdadeiro problema:
"Que Deus (Méndez) lles dá (moita pasta)(a pasta que non lle pertenece), e eles se XUNTAn.
Malo, malo, malo...
Enviar um comentário