Dende principios de ano tomamos a iniciativa e mantivemos numerosas conversas e reunións co resto das forzas sindicais; sempre pensamos, e así o dixemos publicamente, que ante o deterioro laboral que vivimos na Caixa os sindicatos deberiamos plantexar unha fronte común.
Dividir aos traballadores e ás traballadoras fortalece a empresa: dálle folgos aos que presionan e aos que incumpren a cotío a lexislación laboral.
En todos os casos tendemos a man e tratamos de limar asperezas e diferenzas para conseguir a Unidade de Acción sindical. Non houbo resposta.
Hai uns días, unha central sindical sacou un comunicado acusándonos de “cambalachear” coa empresa, por chegar a un acordo no Ministerio de Traballo nun acto ao que estaban convocados todos os sindicatos da Caixa por petición da CIG. Non excluímos a ninguén, non estivo quen non quixo vir, pero nos acusan de “cambalache”.
Con todo, en lugar de contestar publicamente tendemos novamente a man, chamamos e tratamos de calmar as cousas. Como nas anteriores ocasións déronnos coa porta nos fouciños.
Dise que “o que cala outorga”, nós non outorgamos pero antepoñemos a Unidade de Acción Sindical, e é preciso que todos e todas o saibades.
Tampouco podemos aceptar que se diga que “as folgas e os conflitos colectivos son unha chantaxe á empresa”; con ese argumento durante o franquismo prohibíronse as folgas e os sindicatos, eran tempos do sindicato vertical único.
En todo caso seguirémolo intentando, a Unidade de Acción é imprescindible para avanzar o máximo posible nas negociacións de melloras extra-convenio que están abertas na Caixa. As negociacións non son a solución a todos os problemas, pero si o camiño para solucionalos.
Galiza, 14 de decembro de 2007

Sem comentários:
Enviar um comentário