19.10.07

O Conflito do SRV deu froito: Hai proposta de acordo e negociación

Tal e como anunciamos con anterioridade, o día 1 de outubro presentamos un Conflito Colectivo na Dirección Xeral do Ministerio de Traballo contra as modificacións unilaterais do SRV. Onte día 18 de outubro estaba previsto o acto de Conciliación no Ministerio para tratar de chegar a un acordo antes de que pasase á Audiencia Nacional, polo que era clave o que sucedera ata esta data.

Así, dende principios de outubro, mantivemos numerosas reunións que permitiron abrir unha negociación sobre este punto. Onte no Ministerio de Traballo a empresa e a CIG comprometémonos a negociar as modificacións do SRV correspondentes a este ano.

Máis alá desta negociación aberta a empresa puxo por riba da mesa unha proposta de acordo no resto das materias sobre o novo sistema retributivo, o anexo do SRV. Se recollen as melloras pactadas no ano 2006 dos complementos salariais fixos (CPAR, CPAS e Salario Mínimo Garantido) e a carreira profesional dos administrativos co ascenso ata nivel VI.

Dende a CIG consideramos que esta proposta de acordo é un paso adiante que pode sentar as bases para abrir unha negociación que permita resolver a actual situación laboral.

A empresa presentou tamén unha serie de medidas en varias materias: en emprego, regulando a temporalidade máxima; créase un protocolo de seguridade (na liña da nosa reivindicación do atraco como un risco laboral), e unha serie de medidas en conciliación e en préstamos. Estes puntos son un mínimo xa conseguido pero aberto a negociación.

Semella que o noso traballo comeza a dar froitos, a negociación está aberta nunhas mesas nas que estamos integrados todos os sindicatos para falar de emprego e retribucións; préstamos; presenza no traballo e igualdade.

PD.: Sobre cuestións que non son de Caixa Galicia informaremos nun vindeiro comunicado. O noso é traballar e informar sobre o noso traballo.

2 comentários:

Cicciolina é virxe disse...

A empresa non negocia o SRV durante ano e medio, a CIG presenta conflito colectivo, onte na mediacion quedades en negociar diante do Ministerio, hoxe desbloquease a negociación e...CCOO di que foron eles.

Que xeito de perder credibilidade, jojojo!!

Pasteur disse...

Que cara, apúntanse a todo, calquera día dirán que foron eles os que descubriron as vacunas.

Pandilla de mataos...