19.10.07

Posición da CIG sobre a situación en Caixanova

Dende a Federación de Banca e Aforro entendemos que é preciso aclarar o seguinte:

En primeiro lugar aclarar que é radicalmente falso que a Sección Sindical da CIG en Caixanova negociase a súa entrada en CCOO, en todo caso foi un grupo de afiliados/as os que protagonizaron este caso de transfuguismo sindical en pleno proceso de eleccións sindicais e de costas ao resto da Sección e da afiliación.

A Sección Sindical da CIG continúa activa en defensa dos intereses dos traballadores e das traballadoras de Caixanova. Aínda onte, 17 de outubro, celebrouse con toda normalidade unha Asemblea de afiliados/as en Ourense para explicar o preacordo do Convenio Colectivo e para ratificar as candidaturas das vindeiras eleccións sindicais.

Hoxe, día 18 de outubro, celebrouse unha reunión dos delegados e delegadas da CIG para avaliar a situación e planificar o proceso electoral en Caixanova.

Non nos corresponde dar explicacións, é responsabilidade de quen pasa a defender posicións sindicais nas antípodas das que ata o de agora dicían defender.

Evolucionar ideoloxicamente é lícito, pero estamos ante unha manobra que só pretende perxudicar á CIG en pleno proceso electoral, nomeadamente na provincia de Pontevedra.

Durante nove anos os traballadores e traballadoras de Caixanova non poideron elixir a súa representación sindical, as persoas que hoxe marchan asinaron coa empresa a paralización dos procesos electorais de costas ao resto dos delegados/as, da afiliación e da organización.

Tamén se opuxeron durante nove anos a que os afiliados e afiliadas da CIG poideran elixir democraticamente ás persoas que debían estar á fronte da Sección Sindical.

Por parte do grupo dos actuais tránsfugas, sabendo que non contaban co apoio da afiliación, solicitouse desta Federación aprazar o proceso de renovación ata despois das eleccións sindicais, polo que queda máis claro que o seu obxectivo foi en todo momento perxudicar á CIG.

Tamén é necesario dicir que antes de recalar en CCOO mantiveron conversas con outras centrais sindicais nas que tentaron a súa incorporación sen que fosen admitidos.

Máis alá das diferenzas ideolóxicas esgrimidas o único obxectivo destas persoas era perpetuarse a calquera prezo como representantes dos traballadores e traballadoras de xeito vitalicio.

En todo caso, a Sección Sindical da CIG en Caixanova traballa hoxe contra reloxo, xunto co resto da organización, para impedir que a CIG quede fóra deste proceso electoral naquelas provincias onde as candidaturas quedaron afectadas.

Nese sentido saben que a día de hoxe contan co apoio de toda a organización e por suposto da afiliación que está francamente indignada ante un proceso opaco e clandestino realizado no seu nome e sen a súa participación».

11 comentários:

afiliada de caixanova disse...

Quero daros a noraboa por "tan sensible perdida", acompañarvos no sentimento de alegría e si organizades unha festa con copas e charanga avisade que vou e ademais colaboro con cartos.
Fai tempo que algúns sobraban, moitos non nos identificabamos con eles, quedan os que teñen que estar.
Teredes mais apoios, xa o veredes.
Forza nas eleccións

Anónimo disse...

Rematouse o de navegar en barco de vela e ir de tendas (a atender as propias) coas horas sindicais da CIG.

Que os ature CCOO.

caca-velos disse...

Es lo mismo un político que roba dinero público que un sindicalista que hace mal uso de las horas sindicales.

Hicisteis bien el sindicato ganara en honestidad, aunque ahora escupan su rencor por las esquinas.

Anónimo disse...

Non sei como podo facer chegar todo o meu animo aos compas da CIG de Caixanova.

Imaxínome o que tiveron que aturar con eses elementos, vaya tiparracos.

Anónimo disse...

Non me saia a palabra, os transfugas son unha panda de engremas.

Anónimo disse...

Deixadeos o mellor que podedes facer e celebralo por todo o alto xq xente asi non a queremos connosco animo compañeiros de caixanova.

Anónimo disse...

CCOO: preguntademe si me importan uns tipos incoherentes e o que fagan coas suas vidas. Como si se machacan a polla con duas pedras.

Traballade ostia!! que na Caixa Galicia estamos fodidos.

John Fields from new-savebank disse...

Que lles den, a traballar sindicalmente e a relanzar o proxecto da CIG, que cada día é mais necesario nas Caixas de Aforros.

Anónimo disse...

¡¡Carallo ¡¡ A boa que se nota unha profunda relexión sobre o acontecido en todos os comentarios. Mentras non se aprenda dos erros e se mire para outro lado cando algo non nos gusta, seguiremos nas cavernas. Toca pechar os ollos, sempre erran os demáis

troglodita disse...

Cavernas? Hai é onde esta o PP, non?.

Reflexionando disse...

O malo non é que marchen, é que non o fixeran antes.

Moitos compañeiros e compañeiras bos da CIG-Caixavigo foron apartados por estes individuos que sempre tiveron un comportamento sectario. Os que quedaron relegados polos actuais transfugas seguiron na CIG, eles foron leais.

Os transfugas sempre fixeron o que lles petou, moitos compañeiros do sindicato dimitiron dos seus postos por non aturalos,compañeiros que tiñan unha gran valía (como Curras de Caixa Galicia)

Agora que reventen a CCOO.