20.10.07

Marexada de fondo pola sinatura do convenio.

O vindeiro día 24 está prevista a sinatura do Convenio Colectivo, pero ese día non será unha festa, a inclusión da apertura de oficinas das Caixas polas tardes está tendo mais consecuencias das previstas por CCOO, CSICA e pola propia ACARL.

A CIG xa anunciou que non asinaría este preacordo, agora o plenario de UGT de Aforro decidiu non asinar o convenio, CCOO quedouse sola aliada co sindicato das empresas, pero as discrepancias estan tamén no seo da patronal.

Segundo varias fontes, no plenario da ACARL convocado para a ratificación do texto do Convenio catro Caixas de Aforros votaron en contra do acordo, outras manifestaron moitas reticencias. Abrir polas tardes favorece as maiores entidades que poderán abrir unha guerra de horarios no sector financeiro en detrimento das Caixas medianas e pequenas.

A situación lembra a do ano 1998, CCOO e CSIF chegaron a un preacordo coa ACARL para abrir un 10% das oficinas polas tardes, finalmente o acordo non foi ratificado ante a oposición dun grupo de Caixas.

Daquela as diferencias entre as Caixas provocaron unha crise interna que se saldou co cese no ano 2000 do Secretario Xeral da ACARL, Ricardo Pradas sendo substituído por unha persoa procedente da Banca, o actual Secretario Javier Murillo Marinas. As diferenzas entre as empresas chegaron ao punto de escindir o sindicato amarelo en dous, nacía así o CSICA fronte ao CSIF.

Volvendo a actualidade CCOO preferiu aliarse co sindicato amarelo e desregular o horario, que plantar cara a patronal aliándose cos sindicatos de clase, as consecuencias desta decisión aínda están por vir. No sector financeiro están servidos os ingredientes para que se abra a guerra dos horarios.

3 comentários:

Anónimo disse...

La UGT no firma? joder debe ser malo de cojones.

Anónimo disse...

Soy afiliado de CCOO y empleado en Levante, conozco vuestro blog por compañeros que vienen de Galicia. Os animo a seguir en vuestra linea y en este foro anuncio que me daré de baja de este sindicato sin escrúpulos. No pido que sigan mi ejemplo, pero probablemente sería un buen "toque" de atención a los que no velan por los intereses de los trabajadores.

me enterao disse...

pois iso, que veño de enterarme de que dados os cristos que ten a ACARL o Sr, Murillo ten os días contados e falan dunha nova persoa de consenso, un tal José María Martínez. Quen ben sendo este Sr,??