4.10.07

Manifestación contra a desregulación horaria nas Caixas de Aforros





A proposta para abrir as oficinas das Caixas todos os días polo serán, foi contestada cunha manifestación de delegados e delegadas da CIG.

O día 4 de outubro, o primeiro xoves que se traballa polo serán nas Caixas de Aforros, a CIG convocou unha mobilización nacional do sector de Aforro baixo o lema “Traballar polo serán? Nin os xoves!!! Por un Convenio Xusto”. Deste xeito o sindicato quere deixar clara a súa oposición á apertura de oficinas polo serán, ao tempo que non renuncia á libranza do serán dos xoves.

Este acto de protesta está enmarcado na situación do Convenio Colectivo, xa que na última reunión coñeceuse que CCOO, UGT e CSICA fixeran unha proposta por fóra da Mesa Negociadora para abrir oficinas todos os días da semana polas tardes. Esta proposta foi rexeitada finalmente pola Patronal ACARL ante a incerteza no sector financeiro, por ser unha medida cun alto custe e de dubidosa rendibilidade.

A manifestación, na que participaron máis de cen representantes do persoal, transcorreu polo centro de Ourense. Tal e como estaba previsto iniciouse cunha concentración ante a Oficina Principal de Caixanova na rúa do Paseo para, posteriormente percorrer as rúas principais da cidade e rematar cunha concentración e unha asemblea informativa na oficina principal de Caixa Galicia.

Nesta Asemblea destacouse que a CIG se oporá con todas as súas forzas a calquera iniciativa que teña como fin desregular a xornada laboral nas Caixas de Aforros e polo tanto no sector financeiro. Así mesmo, lanzáronse duras críticas contra os sindicatos que estaban dispostos a negociar cun tempo libre que é propiedade dos traballadores e traballadoras.

6 comentários:

Anónimo disse...

DOBLE TRABALLO

acabo de ler a acta do Convenio que publicasteis, non tedes que pelexar somentes contra os patróns das caixas se non tamén contra os sindicatos destes: ccoo,csica e ugt.

Non sei como poden ter afiliadas e afiliados.

Hoxe en Ourense demostrasteis que sodes un verdadeiro sindicato e que estades da man das traballadoras e traballadores.
Sentinme moi orgullosa do meu sindicato ao veros polas rúas. Esto si que é amparo sindical.

Bicos!!!!

Anónimo disse...

compañeira, ti sentiraste moi orgullosa, pero eu non tanto, posto que mentres eu estaba traballando na oficina rodeado de expedientes, mandando partes de producción, previsións, etc... os sindicalistas estaban a berrar na rúa...

Anónimo disse...

"OUTRO NIVEL DOCE", Non sei se gostarias de ter que traballar a este ritmo tamén todas as tardes.

Esquece as chorradas que te ensinaron na carreira sobre as empresas e os sindicatos, benvido ao mundo real.

Eu non e agradezo a CIG que den a cara. Polo que vexo nas fotos impresionante a manifestación.

Anónimo disse...

Así da gusto, sentir que tenemos una fuerza detras que nos proteja.

Pd. Se nota que salio bien solo hay que mirar la cara de alegría de Clodo.

Anónimo disse...

En la prensa no sale nada, como se nota quien tiene la pasta en este país.

Enhorabuena y todo nuestro apoyo!!

Anónimo disse...

Esto desmadrase, a presión medra de novo, as tardes son a nosa espada de damocles: convocade xa a folga.