4.10.07

Asembleas en STA

Onte día 2 tiveron lugar as Asembleas do persoal de STA convocadas pola CIG. STA era unha empresa participada por Caixa Galicia a través da Corporación CXG.

Agora, na procura de liquidez, a CXG ten vendido STA a unha multinacional norteamericana, sen que polo momento exista un acordo colectivo que garanta os postos de traballo e as condicións laborais.

Dende a Sección Sindical da CIG en Caixa Galicia queremos amosar a nosa solidariedade con estes compañeiros e compañeiras, estaremos ao seu caron para o que precisen.

Sem comentários: