13.9.07

Posibles oposicións ascenso

Dende principios do ano pasado vimos reclamando a posta en marcha das Oposicións de Ascenso cunha proposta destinada a paliar, na medida do posible, o recorte que outros estableceron no Convenio Colectivo. Agora a empresa semella estar disposta a convocar estas oposición.

Lembrámosvos que polo Convenio 2003-2006 (que a CIG non asinou) recórtanse as oposicións, chegando só ao nivel VIII cando historicamente foron ata nivel VII. Polo que dende a CIG defendemos non aplicar este recorte en Caixa Galicia.

As nosas propostas nesta materia foron publicadas en sendas novas o 1 de marzo e 30 de abril.

Agora o Departamento de RRHH vén de comunicarnos a intención da Caixa de poñer en marcha as Oposicións de Ascenso, un total de 60 prazas, 15 para cubrir cada un dos niveis X, IX, VIII e VII.

Se finalmente a intención da Caixa se traduce nun acordo de Consello, este mes abrirase o prazo de inscrición e aínda que as oposicións se celebren o ano que vén, terán efecto de decembro 2007.

Non queremos entrar en máis valoracións en tanto non coñezamos o programa das Oposicións de Ascenso e teñamos máis información sobre este proceso. En todo caso seguimos pensando que é necesario poñer en marcha un curso de formación específico para o persoal que se presente ás oposicións.

3 comentários:

Que aproben eles!! disse...

Antes só aprobaban os responsables de riesgos, agora que ¿aprobaran só os que teñan cursos comerciais?

Nas últimas opos estivo no tribunal un de CCOO e antes de coñecerse os resultados era público que aprobara unha delegada de CCOO de Ourense. Seis meses chapando e quedousenos cara de parvos.

Por 15 prazas de Oficial Primeira que lle darán aos fillos dos xefes que metan as oposicións onde lles quepa.

Relacións Humanas disse...

Mal pensados !!! ¿Cómo osades desconfiar da transparencia do proceso??

Aproban os/as que o merecen. Os sobriños de Fernández e Hernández, a cuñada de Riveir'os, a filla de Menéndez, nunha palabra, os que mais incan os codos, as rodillas e o recto.

Bin Laden disse...

Efectivamente, moi bo o comentario cuatro dos parecidos razoables.