30.4.07

Oposicións ascenso: insistiremos na nosa proposta

Como xa anunciamos no mes de marzo, este ano a empresa ten a obriga de convocar Oposicións de Ascenso para o persoal da antiga escala administrativa e dende a CIG presentamos unha serie de propostas para minimizar os recortes establecidos no Convenio Colectivo.

Anteriormente as Oposicións eran para Oficial Segunda (actual nivel X) e Oficial Primeira (actual nivel VII). No Convenio asinado no 2004 por CCOO, UGT e CSICA acotaron como nivel máximo da carreira profesional por Oposición o nivel salarial VIII.

A empresa comunicounos que convocará a Comisión de Formación; esta reunión está prevista para o día 3 de maio e aproveitaremos a ocasión para insistir na nosa proposta nesta materia:

-Ampliar o número de prazas a convocar ata as 60.

-Que un 50% das prazas de ascenso sexan para nivel VII (antigo Oficial Primeira).

-Máis alá do temario, que por parte do departamento de Formación se organicen cursos de capacitación para as persoas interesadas en presentarse a estas Oposicións.

Como xa dixemos en marzo agardamos unha contestación positiva por parte da empresa, toda vez que se trata de manter o ascenso por oposición ata nivel VII como se fixo historicamente en Caixa Galicia.

Entendemos que non debe aplicarse na nosa empresa o recorte establecido no convenio estatal 2003-2006. O aforro de custes para a empresa é mínimo pero prexudica en gran medida a quen menos cobran.

1 comentário:

Anónimo disse...

non esquezades que existe un colectivo que queda colgado no medio, non ascende por antiguedade e a causa da transposición queda en nivel VII ou VIII en inferioridade de oportunidades e condicions de preparacion (xa non se conta con nos para cursiños nin para cargos nin para nada), tiñamos que ascender directamente por anos. 20 anos=nivel VI.