1.3.07

Oposicións Ascenso 2007


Este ano corresponde celebrar oposicións de ascenso dentro da escala administrativa e, neste senso, vimos de presentar unha serie de propostas ante a empresa co fin de tratar de minimizar os recortes establecidos no Convenio Colectivo.

Anteriormente estas oposicións eran ata Oficial Segunda (actual nivel X) e Oficial Primeira (actual nivel VII). No Convenio Colectivo 2004-2006 (asinado por CCOO-UGT-CSICA) recortaron a carreira profesional vía oposición establecendo como nivel máximo o VIII, aínda que por outra parte se amplían minimamente as prazas a convocar.

Grazas á nosa campaña e ás reclamacións xudiciais dos auxiliares, Caixa Galicia é a única empresa do sector que ten regulada a carreira profesional ata nivel VI (antigo Oficial Superior), a través dun sistema mixto que ten en conta a antigüidade e o cumprimento dos obxectivos comerciais por parte da oficina. Este ascenso contémplase dentro do Acordo Retributivo 2006.

Propostas CIG para as Oposicións de Ascenso 2007:

- Ampliar o número de prazas a convocar ata un total de 60.
- Que a metade das prazas convocadas sexan para ascenso ata nivel VI, mínimo nivel VII como anteriormente.
- Que a empresa facilite formación específica a todas as persoas interesadas en participar nestas oposicións.

Agardamos unha contestación positiva por parte da empresa, toda vez que se trata de manter o ascenso ata nivel VII, tal e como se fixo historicamente na Caixa Galicia. Entendemos que non debe aplicarse na nosa empresa o inexplicable recorte que estableceron no Convenio Estatal 2004-2006.

1 comentário:

Anónimo disse...

Moi ben pedido xa que os que por transposición (non gratuito, que é por anos de traballo) somos nivel VIII estamos fora das opcións a mellora. De tódolos xeitos para os que quedamos de administrativos (poderemos ser uns 50)e despois de tantos anos de expremernos gratuitamente, ben podían ascendernos a nivel VI sen oposición. E se fai falla voltamos a Pena Trevinca a pedilo.