1.3.07

Abertas negociacións para procurar unha vía negociada ao conflito laboral da Caixa

Reunión de delegados e delegadas da Sección Sindical

Malia o anuncio realizado por CCOO, no que comunicaba a súa saída da Mesa negociadora, continúan as reunións entre a CIG e a Dirección de Caixa Galicia para tratar de chegar a unha saída negociada ao conflito laboral existente nesta Entidade.

As negociacións xiran en torno ao reforzo da rede comercial coa creación de emprego por dúas vías, reforzando os equipos de substitucións, así como establecendo baremos que teñan en conta a carga de traballo para asignar persoal ás oficinas. Dentro deste apartado que implica a creación de emprego en Galiza, o acordo tamén contemplaría medidas para limitar a temporalidade na Caixa.

Por outra parte a empresa e o sindicato nacionalista semellan ter chegado a un acordo para limitar a mobilidade funcional establecida no convenio para o persoal administrativo. Para a asignación de funcións comerciais a este persoal teríase en conta a carga de traballo administrativo de cada posto. O mesmo sucedería para os denominados “comités comerciais” nos que diariamente ten que participar todo o persoal das oficinas.

Empresa e sindicato traballan agora nun código ético que rexa nas actuacións internas entre os superiores xerárquicos e as persoas ao seu cargo. Por outra parte, a empresa podería poñer en marcha novos modelos de xestión informatizados que limiten a presión comercial nas oficinas.
Pero o acordo é mais amplo, e están sentadas as bases para un novo acordo que melloraría o establecido en materia de Préstamos e Anticipos. Estas medidas superarían o actual acordo de empresa que xa está por riba do convenio estatal.

No apartado de carreira profesional a CIG vén de formular unha serie de propostas ante a celebración de Oposicións de Ascenso, para tratar de minimizar os efectos dos recortes incluídos por CCOO, UGT e CSICA no convenio colectivo estatal. Historicamente estaban reguladas oposicións de ascenso ata Oficial Primeira (nivel VII), pero no último convenio limitouse o ascenso ata nivel VIII.

Onde semella difícil que o sindicato e a empresa podan chegar a un acordo é en materia de horarios. A CIG reclama o peche de todos os xoves polo serán, en tanto que a Caixa aposta por ampliar a todos os días a apertura polo serán nalgunhas oficinas.




2 comentários:

Un granxeiro cabreado dixo: disse...

¿Entón que lles pasa os COCOS?, ¿xa están á negociar a "baixa" coma sempre? ¿Onde está esa unidade sindical, non lles interesa facer forza contra empresa?. Dende logo moito comunicado cargando contra outros sindicatos pero ningún cargando contra a Patronal.-

MERDA DE GALIÑAS CHOCAS.

Quiero ver a mis hijos crecer disse...

Muy bueno el dibujo.