18.9.07

Por fin sabemos quen é a Directora de Recursos Humanos

Dende a creación do Departamento Area Estratéxica Directivos vimos denunciando que son os responsables na sombra de Recursos Humanos, un departamento illado que impón medidas unilaterais e que non negocia coa representación legal dos traballadores e traballadoras.

Ata o momento a Dirección da Caixa Galicia sempre negou este extremo, agora nunha entrevista realizada na revista "Equipos y talentos" á Directora do Departamento deixa as cousas claras.

María Camino Agra:- "Mi área se llama Desarrollo Estratégico de Directivos, pero realmente es Recursos Humanos, porque se encarga de la selección, planificación y gestión de recursos humanos. Una de las tareas que realizamos es calcular las bajas que se van a producir, por ejemplo por jubilación, y en el departamento hacemos un pronóstico de las necesidades en cuanto a perfiles de futuro. La segunda área que integra es la selección de personal, la tercera es desarrollo, donde estarían las promociones, movimientos internos, etc. Y una última sería el área de retribución y compensación. Además, yo llevo toda el área de formación y la dirección de la escuela (refírese ao ITE Caixa Galicia)." O único que non fai é negociar coa representación sindical.


Noutra parte da entrevista di: "Nosotros buscamos el beneficio a través de las personas". A súa sinceridade é abraiante.

(Acede á entrevista completa clicando sobre a foto)

10 comentários:

Anónimo disse...

Pois xa sabemos quen é a responsable de que teñamos que ir a FOLGA!!

Que apunte ese logro no seu curriculum:

-Master internacional
-Licenciada en Comillas
-Promotora Folga en Caixa Galicia

Anónimo disse...

Pola boca morre o peixe.

Anónimo disse...

Os antigos de RRHH como se gañan o salario, tendo entretidos aos sindicatos?

Anónimo disse...

Non hai nada pior que loitar contra un inimigo invisible.

Grazas a vos imos coñecendo as caras dos responsables da presión e a falta de dialogo.

Animo e adiante coa FOLGA!!

Anónimo disse...

No sabemos como lo haceis, pero la de cosas que sabeis y nos contais.

Pd. Y las de cosas que sabreis y no podeis contar publicamente.

Anónimo disse...

Que sepais que la cosa parecia calmada despues del verano, pero empieza a arreciar la tormenta.

Anónimo disse...

Parecía dificil ir a peor, pero vamos a peor y con paso firme derechos al desastre, menudos cambios presentaron ayer en el portal

Anónimo disse...

Nos cursos de formación de Bankinter poñen aos fillos como exemplo do que non se debe facer pola utilización de información privilexiada na compra-venda de accións de Astroc.

Xa somos un mal exemplo en todo. Que catadura moral.

Anónimo disse...

Ista rapaza é un desastre, moito master, pero fixadebos no pelo......esas raices negras.... de pena , no ten galmour....

Outra cousa,esta vai para a os nosos representantes, dinse que estase a vender STA e que cara o comenzo do 2008 xa verase a venta. Que sabedes de isto???
Ide-lo permitir???

Anónimo disse...

Es verdad que STA se venderá seguramente a EDS en pocos meses.