1.8.07

Vulneracións en materia de xornada

Primeiro caso: “Dirección Comercial”

O pasado día 26 de xullo traballadores e traballadoras da Territorial de Ourense recibiron unha curiosa serie de correos iniciada polo Director Comercial de Galicia Julio Rivero. No seu correo inicial instaba a “recuperar la producción de ayer (festivo)”.

O Estatuto dos Traballadores, no seu artigo 37.2, establece que os 14 festivos laborais anuais son non recuperables.

Segundo caso: “Desarrollo Estratégico Directivos”

O día 31 de xullo o persoal destinado no Plan Talentum da Territorial de A Coruña foi convocado por “Desarrollo Estratégico Directivos” a un “Taller de Mejores Prácticas” que durou das 17:00 ás 21:15 horas. Para a empresa algo normal; polo medio quedaron pisoteados unha vez máis os dereitos laborais dos traballadores e traballadoras.

O Estatuto dos Traballadores, no seu artigo 34, establece que a xornada laboral máxima diaria non pode exceder das 9 horas. Estes compañeiros e compañeiras tiveron o día 31 de xullo unha xornada de 10 horas e 45 minutos.

Ese mesmo artigo establece tamén que o descanso entre xornadas laborais non pode ser inferior a 12 horas. Curiosamente este persoal tivo un descanso entre xornadas de 10 horas e 45 minutos.
.
Terceiro caso: "Implantación de xornada partida e traballo por quendas"
.
En distintos departamentos dos Servizos Centrais a dirección estaba impoñendo a xornada partida; agora vimos de coñecer, a través do persoal afectado, que pretenden implantar horario por quendas no departamento CAR. Continúan coa súa teima de abrir a rede de oficinas polo serán e para iso, están forzando a apertura fóra de horario dos Servizos Centrais.

Resposta sindical:

Lamentablemente a Inspección de Traballo da Coruña mantén unha conduta máis que reprobable de complicidade ante as vulneracións laborais por parte de Caixa Galicia.

Non por iso cesaremos nas nosas denuncias á procura de xustiza. Quen sabe, quizais desta volta a Inspección sexa máis receptiva e por unha vez actúe dilixentemente.

Por outra parte o descoñecemento da lei non exime do seu cumprimento e para evitar este tipo de “despistes” faremos entrega dunha copia do Estatuto dos Traballadores e do Convenio Colectivo tanto á Dirección Comercial como a “Desarrolo Estratégico Directivos”.

5 comentários:

Administrador disse...

-Hoxe a prensa anuncia que a marxe de explotación de Caixa Galicia aumentou un 16% este semestre.

-Pois a marxe da explotación laboral nin che conto!!!

Anónimo disse...

Cabrones, ¿Cómo que descansais 10 horas y cuarenta y cinco minutos? Vagos, araganes, con 3 ó 4 horas teneis bastante. A trabajar, a vender mercancía de mierda que para eso os pagamos mi amigo Jose Luis y yo.
Os vais a enterar de lo que vale un peine (si quereis saber el precio de la gomina os lo digo yo que gasto mucha).

Anónimo disse...

en fin... eu penso que hai xente á que lle están tocando tanto os collóns que non descarto que algún día haxa unha desgracia ou algo peor... a este paso os nosos directivos van ter que sair á rúa con escolta... eche o que hai... espero que eso nunca suceda, porque do contrario...

Anónimo disse...

son un dos tantos talentum que hai en CxG e gustaríame que os compañeiros de Coruña dixeran que tal a experiencia das mellores prácticas. ¿enseñoubos María Camino o camiño para chegar alto?, ¿por cal das camas ou por debaixo de qué mesas hai que pasar?. E importante que vaiamos sabendoo xa, sobre todo as que somos mulleres...

Anónimo disse...

o do taller foi moi bonito para eles xq se viu que en toda a mañan non fixeron nada xa que estaban moi frescos, pola contra os talentums que fomos quedamos ata os mismisimos; pola mañan aturar os vello cas pensions,os problemas de fin de mes... en fin que vos vou contar que non saibades, despues que o cuadre saia perfecto e xa casi sin tempo para comer, ir a aturar os 4 listillos que nos enseñan a vender; saindo moi ben como decides as 21.15 horas e o descanso durou o que lle durou a GRR o pitillo, en fin a nosa empresa vai de P.M. Agora mais que nunca FOLGA FOLGA FOLGA,x certo que se deixen de talentum que que fagan as oposicion que son mellores.