31.7.07

Talentum: Temporalidade e precariedade

Dende que coñecemos a intención por parte da Dirección de poñer en marcha o Plan Talentum tratamos por todos os medios de abrir un proceso de negociación para tratar de minimizar os efectos negativos deste Plan.

Despois de estudar e analizar polo miúdo o citado Plan, en contacto co persoal afectado, desenvolvemos unha proposta que fixemos seguir a RRHH. Desgraciadamente tivemos a calada por resposta.

A Dirección presenta o Plan Talentum como unha “carreira profesional acelerada”, aparentemente unha “mellora” laboral, pola contra e malia os requirimentos realizados pola CIG, está incumprindo o Convenio que obriga a realizar Oposicións de Ascenso no ano 2007. Queren que os traballadores e traballadoras creamos que están mellorando a carreira profesional, pero non cumpren os mínimos fixados no Convenio Colectivo.

Tamén resulta estraño que pretendan axilizar a carreira profesional do persoal pero non falen de axilizar o pase a fixo do persoal temporal adscrito ao Talentum. Valen para ser apoderados/as pero non para ter un contrato indefinido e estabilidade laboral?

Como dixemos dende o primeiro momento é un Plan que aposta pola temporalidade na contratación e que implanta condicións de traballo leoninas e precarias para todo o persoal (temporal ou fixo) adscrito pola forza a este Plan.

A Dirección co seu rexeitamento a negociar a aplicación do Plan Talentum é a única responsable da ruptura do diálogo coa representación sindical.

2 comentários:

Un que esta ca cig... disse...

E o que hoxe se aplica os e as talemtum e o futuro que nos agarda para o resto da plantilla.

Hay que paralo e para iso temos que apoiar a folga apabullantemente, é a única saida.

FFFFOOOOLLLLGGGGGAAAAAAAAAAAAAAAAA

sin comentarios disse...

Imos ver. Ademais da bestialidade do Plan Talentum (que xa veremos dentro de uns meses qué é o que pasa), estamos asistindo a unha descomunal falta de consideración cós empregados de Caixa Galicia. Neste último mes estou vendo como a moitos dos meus compañeiros non lle están renovando os contratos de Caixa Galicia porque non teñen acabada a súa licenciatura. Paréceme unha falta de respecto ó persoal, xa que moitos de eles están a 2 asignaturas da súa licenciatura, e foron contratados por CxG e agora desfanse de eles como se non servisen para nada, e aqueles ós que lle renovan, métenos no Plan Talentum (polo que, ó non cumprir, acabaran despedindoos). Estou de acordo en que só queiran titulados universitarios (ainda que hai moitos que non o son e valen máis que moitos licenciados, pero iso é outra cousa) pero polo menos, os que están a poucos pasos de conseguilo, axudalos, e non impoñer que teñen que rematar a sua carreira, cando a empresa non lles deixa nin a tarde para estudiar, porque os teñen metidos na oficina coas axendas do director, archivando, etc.
Penso que estamos deixando de lado o máis importante nunha organización empresarial, o capital humano.
Esto é denigrante, ós que estamos dentro somos mal tratados e presionados, ós que queren permanecer poñémoslle trabas, e os que queren entrar... ainda que bueno, de eso xa non hai moito porque ninguén quere traballar nesta empresa, cousa que é comprensible.
En fin.... ¿onde parará esto?.