31.8.07

Posibles prexubilacións

Dende finais do ano pasado vimos desenvolvendo un duro traballo sindical, en cada unha das reunións que mantivemos coa empresa fixemos fincapé na posibilidade da posta en marcha dun proceso de prexubilacións. Tentamos demostrar que era posible un proceso de prexubilacións ligado as xubilacións a tempo parcial, cun custe mínimo para a empresa.

Agora o Departamento de RRHH vén de comunicarnos a intención da Caixa de poñer en marcha unha oferta aberta de prexubilacións para as persoas nacidas nos anos 1948 e 1949.

As condicións deste proceso son as que expuxemos no noso comunicado remitido o día 9 de febreiro de 2007, que podedes consultar aquí.

Se finalmente a intención da Caixa se traduce nun acordo, a figura utilizada para estas prexubilacións sería un permiso retribuído, percibindo o persoal un 85% do seu salario actual e obrigándose a xubilarse anticipadamente a tempo parcial chegados os 60 anos.

Debido a que as actuais condicións das xubilacións a tempo parcial teñen data (pola reforma da Seguridade Social), este proceso só podería estenderse no mellor dos casos ao persoal nacido no ano 1950.

Non queremos entrar en máis valoracións en tanto non teñamos máis información e non avancemos nos contactos coa Caixa. En todo caso agardamos que estas prexubilacións podan ser a pedra angular dun gran acordo laboral que dea paso a un novo modelo de relacións laborais en Caixa Galicia.

6 comentários:

Anónimo disse...

Mendez xubilase ou non?

Anónimo disse...

que non se xubile que sinon queda Rivero e non sei que será peor.

Anónimo disse...

Prejubilaciones? esta bien, pero que pasa con la presión?

Negociareis prejubilaciones dejando de lado la huelga?

Pienso que ciento y pico personas pueden beneficiarse por las prejubilaciones pero somos muchos mas los que sufrimos la presión.

Anónimo disse...

a noite me confunde.

Eu leo "permisos retribuidos".

Se é deste xeito porque non ampliar a outros compañeiros con problemas serios, independentemente do ano de nacemento.

Anónimo disse...

Eu si podo marcho e como eu o resto, ESTAMOS HASTA O CARALLO.

Sentimolo polos que quedades!!

Anónimo disse...

Isto e un cachondeo, non nos tomedes asi o pelo ome xa!!!