27.8.07

O salario medio das galegas é un 27% máis baixo ca o dos homes

O Consello Galego de Relación Laborais volve constatar que a discriminación salarial da muller segue a ser un grave problema. O informe revela que, por termo medio, unha traballadora cobra no mesmo posto laboral un 27% menos ca un home. O estudo cifra en 19.257 euros anuais brutos o salario medio dos galegos e en 13.999 o das galegas. Mais o organismo dependente da Consellaría de Traballo descobre que a diferenza salarial aínda se incrementa nos casos de máis formación. Así, unha directiva en Galiza cobra un 68,5% menos ca un compañeiro do sexo oposto.

O traballo apunta algúns factores que propician a discriminación salarial. Alerta de que máis aló de razóns empresariais hai claras connotacións sociais. Así fálase da idea de que os empregos femininos aportan soldos “complementarios”, porque se dá por feito que o principal ingreso é o do varón.

(Nova tirada de Vieiros)

1 comentário:

Xaquespeare... disse...

osexa que Mary littleway a parte de filladeputa e tonta. O que lle faltaba. Desfacer o mundo para que outros leven o proveito. Tonta, tonta pero que moi tonta.