2.8.07

Obituário de Emilio Franco

Hoxe faleceu o noso compañeiro Emilio Franco, Milo, delegado da CIG no Comité de Empresa de Caixa Galicia en Pontevedra.

Milo marchou en busca doutros lares onde, xunto cos “bos e xenerosos”, seguirá velando e coidando a quen queira que mais o precise.

Loitou moi duramente polo ben mais prezado, a vida, mais non puido ser.

O baleiro da súa presenza, o enche a lembranza dese enorme e permanente sorriso e do seu imperturbable bo humor que queda na memoria, de quén coma nos, tivo o orgullo e o privilexio de poder compartir instantes inesquecibles con el.

A Angeles, Clara e Beatriz como a túa nai e irmáns, o mais sinceiro e incondicional apoio nestes difíciles e penosos momentos. Estamos ao voso carón.

Emilio grazas pola entrega incondicional, grazas polos teus consellos e ensinanzas, grazas por deixarnos compartir un anaquiño da túa esencia pero sobre todo grazas por ser Milo, único e insustituible, excelente amigo e mellor persoa.

Teus amigos/as da CIG xamais te esqueceremos.

5 comentários:

Anónimo disse...

É unha honra, un orgullo e un privilexio ser amigo teu. Por todo grazas, mil grazas.

Anónimo disse...

Son un da DT Pontevedra e creo que non coñecía a este empregado. ¿quén era?. Ante todo, o meu mais sentido pésame á familia, amigos, coñecidos, compañeiros da CIG... Unha aperta e Descansa en Paz.

Anónimo disse...

Quixera expresar o meu mais sentido pesame pra sua familia e achegados de Milo, dnde a DT Coruña

Anónimo disse...

Compañeiro Milo,
es un exemplo de loita misturado cun caracter alegre e positivo e iso non se esquece,

grazas e unha grande aperta meu.

Anónimo disse...

Ata sempre Milo, levaremoste no noso corazon sempre, un preta pra os teus familiares, e xa nos veremos ala arriba.