11.7.07

Novo premio á xestión laboral


En tempos de Franco cada vez que os traballadores e traballadoras saian á rúa a protestar nun conflito laboral, o réxime organizaba fastosos actos do sindicato vertical para intentar acalar socialmente as voces do descontento. Unha política que agora forma parte das relacións laborais na Caixa Galicia.

Causa sorpresa que o longo do último ano Caixa Galicia recibira numerosos premios pola xestión dos recursos humanos que realiza a empresa. O último un premio a excelencia no coidado da saúde laboral, que foi recollido en persoa polo Secretario Xeral da Caixa. Canto maior é o malestar e o descontento laboral mais premios recibe a Dirección da Caixa. Como é posible?.

Estes premios foron concedidos por empresas privadas, sen contar coa representación sindical dos traballadores e as traballadoras legalmente elixida. Dicir tamén que Caixa Galicia é cliente das empresas que lles concederon os premios.

Si este tipo de condutas son eticamente reprobables, o son moito mais cando está en xogo a saúde laboral dos traballadores e traballadoras como é o caso.

Caixa Galicia non ten ningún tipo de actuación preventiva fronte as enfermidades psicosociais e cardiovasculares derivadas da súa lesiva organización comercial; non recoñece o atraco como un risco laboral evitando polo tanto a implantación de medidas preventivas para protexer a integridade das persoas; e malia que a maior parte do traballo se realiza fronte a un ordenador nin sequera ten establecidos controis oftalmolóxicos periódicos (iso si controlan o nivel de colesterol).

Si queremos evitar que o conflito entre nunha nova etapa deixémonos de fastosos actos que tentan inutilmente agachar a conflitividade laboral e poñámonos mans a obra.

1 comentário:

Anónimo disse...

Que con Franco se vivía moito millor. Toque de queda, Respeto a bandeira e duas hostias e todo arranxado.

Comunistas enfermizos.