16.7.07

As caixas rachan a negociación do Convenio Colectivo


A día de hoxe ACARL non ten presentado a súa proposta de convenio e, nun acto de total irresponsabilidade solicitou o aprazamento da negociación sen data debido, segundo as caixas, ao alto custe económico das propostas sindicais en comparación co convenio da banca privada. Nunha estimación estritamente economicista, din que as plataformas sindicais teñen un custe global de un 16%.


Ante este bloqueo sen data da negociación, o pleno da ACARL aprobou recomendar ás caixas asociadas o pago de un anticipo a conta do 2% con efectos do 1 de xaneiro de 2007.
Na nosa intervención incidimos en que a situación do convenio non é un problema de custes, xa que:


Por unha parte as altas direccións das Caixas Galegas incrementaron os seus salarios en torno a un 24% no último ano. Non entendemos como poden subir unilateralmente os seus salarios nesa porcentaxe e pretender que para os traballadores e traballadoras o incremento deba reducirse ao 2%.


Por outra parte, as Caixas de Aforros, teñen en marcha sistemas retributivos e outro tipo de medidas laborais non negociadas, nas que non lles importa dilapidar contías superiores a ese 2%.


En canto á comparativa co convenio de banca, debemos lembrar que falamos de sectores totalmente distintos e dun convenio claramente insuficiente e precario. En todo caso o gran cabalo de batalla da CIG neste convenio é limitar a mobilidade funcional, coa creación, dentro do Grupo 1, de un grupo de Persoal Técnico e outro de Persoal Administrativo, como xa existe no convenio da banca privada. Proposta esta rexeitada de plano polas propias caixas de aforros.


Dende a Confederación Intersindical Galega estamos dispostos á unidade de acción co resto das forzas sindicais, co fin de darlle contestación á actuación prepotente e irresponsable da patronal das Caixas.

3 comentários:

Anónimo disse...

merda

Anónimo disse...

do 2 ate o 24 e o que os listos chamaron o diferencial do SRV = SALARIOS RIDICULOS pra VOS e SUPER REMUNERACIONS para os VIP´s (Valientes ijos de puta´s).
¿Que faga carpetas?¿Que venda teles?. VENDELAS VOS CABRONS que algún gaña en un ano o que eu non gañarei no resto da miña vida.

Anónimo disse...

Gostame o novo nome deste espazo!! Mellorades día a día, sodes o mellor que nos queda na Caixa.

En relación a esta noticia decir que dentro de pouco os currantes da Caixa teremos que dedicarnos a Mendez-idade (pedirlle favores a Mendez) para chegar a fin de mes.