18.7.07

Correo recibido na CIG dun traballador temporal de Caixa Galicia


Transcribimos un correo que nos foi enviado por un compañeiro do Talentum. Suscribimos ao 100% o que nos di. Pedimoslle permiso para publicalo e só eliminamos os dados persoais e traducimolo ao galego.


Non é que leve demasiado tempo traballando na Caixa, pero creo que levo o suficiente como para ver que o futuro laboral de moitos de nos é moi negro. Comecei de bolseiro, despois de ETT, despois contratos temporais da Caixa, outra vez ETT, outra vez contratos temporais e por último un contrato de relevo ata o ano (...) .

Ao longo de todo ese tempo estívenme esforzando, pero xa non paga a pena. Agora poñen nos unha nova proba mais que temos que superar si queremos ser algo na empresa. O famoso Plan Talentum estragoume as vacacións pensando en que si non vendo as teles que tocan cada semana poranme nunha lista negra de “futuros refugallos”.

Din que si non se cumpren os obxectivos non vai a supoñer que a eses “incompetentes que non cumpran” vaian a botalos a rúa, pero entón que vai a pasar??. Un director, interventor ou responsables de riscos que “non cumpre” quedase sen posto e o mandan a unha ventaíña, pero eu xa estou en ventaíña e mais abaixo non podo caer. Si non cumpro que vai pasar comigo??.

Son xa (...) anos traballando na caixa, loitando por un contrato indefinido e cando te atopas cun correo dicíndote que te incorporan a un plan ao que ti non queres incorporarte, que podes facer? Podo negarme a estar nese Plan?. Podo borrarme dalgún xeito?. O Certo é que danme gañas de deixar a Caixa e procurarme unha vida laboral estable en calquera outro sitio que me de unha seguridade que non teño dende fai 6 anos. (...) metinme a mercar unha casas pensando que no ano (...) xa me farían un contrato estable (como me dixeron CCOO. UGT e CIG) pero é que co Plan Talentum non teño nada claro que vaia a conseguilo.

Maña comezo a traballar despois de volver das miñas vacacións, o meu traballo vaia ser o mesmo e non penso enganar a ningunha persoa para que merque unha tele quen a tenda do lado lle sae a metade de prezo. Por riba de todo está a miña conciencia ei so debería estar tamén por riba de todo na cabeza dalgunha persoas que esta n apunta da pirámide directiva.

Teño a certeza de que vosoutros ídesvos a partilos cornos por min en calquera momentos e volo pido. Creo que xa é o momento de facer algo por cambiar o clima laboral da Caixa. Apoio a folga que tedes planeada pero deberiades facer algo para que a dirección non xogue cos xóvenes. É unha vergoña que o meu futuro depende de vender un sillón relax , unha tele ou unha videocámara. Vosoutros sabedes que hai moitísimo xente na miña situación así que por favor facede algo para que o Plan Talentum desapareza.



Grazas.

21 comentários:

ja, ja, temblad malditos... disse...

Se alguén non coñecía como medir o grao de presión e acoso, xa atopou o millor baremo neste correo.Nin os de contratos basura aguantan mais.

Mensaxe para Javier García de Paderes: Escoita nen, o éxito da folga está asegurado.

moi ben... disse...

Felicitacións ó diseñador da páxina, non se podería encabezar doutra maneiran millor. No clavo meu.
Un aplauso profundo e solidario.

Estamos convosco.

FOLGA.

Indignacion xeral disse...

É indignante a situación da Caixa Galicia. Esta persoa dixo o que pensamos todos.

otro talentum disse...

estou dacordo o 100%co compañeir@ que escribiu a carta, din que non hai presion pero os venres tes a unha tal amalia souto preguntando todo o que fixeches esa semana, despois a ficha diaria e se non lle mandas unha TV ou sofa os señoritos jefes de zona xa estan chamando a ver que pasa, si iso non e presión...o peor de todo é que os cocos(CCOO)apoian este plan sempre van en contra dos demais, por eso vos pido que vos acordedes dos centos de talentums que andamos polas oficinas e entre todos o conseguiremos. Moitas gracias CIG con vos tamos seguros e adiante ca folga

estou canso disse...

hace unos años cuando me dijeron que iba trabajar en caixa galicia tenía mucha ilusión, esa ilusion poco a poco los señoritos como Benavides Moinelo y un largo etc se encargaron en quitarmela, los clientes ya nos dicen que parecemos un bazar y no les falta razón, solo pido un poco de cabeza ahi arriba xq estamos dando una imagen que en fin y sobre todo que todos somos compañeros y como tal tenemos que respetarnos no tiene nada que ver que seamos jefes de zona directores o machacas estamos todos en el mismo barco y ahi arriba se estan encargando de hundirlo,estoy a favor de la huelga pero daros cuenta que eso tampoco es la solución.Gracias por vuestro trabajo

Anónimo disse...

Gostame mais o logo do blog que o da Caixa.

oTrO TaLenTuM MáSsS disse...

Bien, he leido que algunos GRR como Amalia Souto te llaman los viernes, te preguntan, te presionan, luego si no cumples el Plan Talentum te llama el Jefe de Zona... Soy un empleado de la DT Pontevedra y mi GRR es Jose Rivera León. Creo que todos los de mi DT estaremos de acuerdo en que no nos presionan tanto como que hasta nos llame el Jefe de Zona (no digo cuál es el mío para no dar muchas pistas), sino que nos dejan trabajar un tanto tranquilos... Los viernes mandamos el parte semanal, nada más. LLevo desde marzo de 2005 en la entidad y empecé con prácticas, contratos temporales (ETT y Caja) y ahora me hicieron uno de larga duración.
Hasta el momento la experiencia que tengo con la Caja es buena, y creo que podemos tener algo de "fe" (sé que hay Territoriales, Zonas, etc en las que no) en que si encajamos en las directrices de la entidad, y realmente trabajamos, y tenemos ganas (eso sobre todo), podemos tener futuro en la entidad. Llevadlo con calma compañer@s talentum.

Anónimo disse...

Isto é o que aparece na Memoria do 2006. No epigrafe CLAVES ESTRATEGICAS DEL EJERCICIO:

- Dar un importante impulso a la configuración de la organización como una plataforma comercial centrada en la venta y el servicio al cliente, a través de una estructura matricial en la que se potencian tanto los canales de distribución (57 nuevas oficinas, 1.800 prescriptores, 100 gestores personales) como la estructura de soporte y desarrollo de negocio.

- Favorecer un cambio cultural hacia la acción comercial y la vinculación del cliente en el que juega un destacado papel la implantación de un sistema de retribución variable que incide en la motivación e implicación del capital humano con los resultados.

- Intensificar la orientación de la tecnología y los sistemas de información hacia la venta, la explotación segmentada de la base de clientes y la generación de valor, tras los avances logrados en los últimos años en la mejora de eficiencia y productividad.

Agora á presion chamanlle "estructura matricial" e ás amenazas "cambio cultural"........ hai que facer algo xa

tb soy talentum disse...

tendremos que ir a la DT Pontevedra xq en DT coruña con amalia souto & cia es terrible, ya no solo llama los viernes sino jueves miercoles depende como le de

O primo do fillo... disse...

Decirlle ó fillo de PP Ribera que está moi feo colarse nos blogs sindicais, e mais se é pra defender a Papá.
xoga ca plaiestaton que papi sairá dos problemas só.
Que narices tes compañeiro ¿Ónde queres chegar e a conta de quén ou de que?

Outro DT Pontevedra disse...

Mensaxe para "o primo do fillo"...
Vamos a ver, son outro Talentum da DT Pontevedra, e estou de acordo có meu compañeir@. Eu sei que os nosos directores, subdirectores, responsables de riscos, etc están ata arriba de traballo, que os presionan e que non os tratan como deben tratalos, pero tamén son consciente de que as formas que emprega con nos o señor Pepe Rivera son moi correctas, a lo menos de momento. Eso é o único que o meu compañeiro e maís eu queremos deixar claro, ainda que, repito, haxa compañeir@s que non son tratados como merecen, e posiblemente, se nos chegamos a ter algún posto de responsabilidade algún día, estemos igual ca eles.
Que pasa... ¿soamente se poden dicir as cousas negativas de esta empresa?.

O suposto fillo de Pepe Rivera disse...

Ben, vexo que o meu compañeiro xa falou por min. Son o primeiro que falei da DT PONTEVEDRA. Está claro e conciso o que el dí, e vexo que somos dous os que pensamos así, ademais de outros compañeiros cos que temos falado, e que se expresarán neste blog. Non decimos que esto sexa unha maravilla, e somos conscientes de que o Plan Talentum faralle mal a moitos, pero queremos deixar claro que Pepe Rivera é unha boa persoa con nos, xa que nin nos persegue, nin nos fala con malas palabras.
E simplemente eso, creo que non é tan grave decir que o noso GRR non é Robespierre, non?.

uno de la DT Pontevedra que alucina.. disse...

Bueno, bueno, bueno, bueno. Me acaba de llamar mi compañero de Vigo diciéndome que su comentario había resultado poco grato para alguno. Bien, acabo de ver que tenía razón. No quiero extenderme en absoluto. Lo único que diré es que, como Talentum de la DT Pontevedra, y que conozco al compañero de Vigo, Pepe Rivera es un buen GRR que nos trata como personas. Un saludo a todos, y sobre todo un fuerte abrazo de ánimo a los de la DT Coruña, porque veo que Amalia Souto debe ser jodida.

Sin talentum disse...

En relación a polémica sobre o comportamento de determinados xefes, quero destacar o seguinte:

-Como en todas partes hai boas e malas persoas. E como di o refran cada quen conta da feira...

-Son públicos os casos dalguns xefes que "filtraban" a presión comercial, optando a empresa por cesalos e sacalos do medio (caso dalguns zonas).

-Si o voso xefe é bon, mellor non digades nada publicamente, fraco favor lle facedes.

-O problema non son as conductas individuais, xurde polo modelo de relacións Dirección-traballadores/as establecido pola Caixa.

Pd. Non coñezo a tal Amalia nin ao tal Pepe, pero si as cousas son como contades aposto que ten mais futuro nesta santa casa Amalia que Pepe.

Anónimo disse...

Bueno, esto es alucinante. En esta empresa no sólo han perdido el norte los jefes, sino que también algunos empleados (sindicalistas o no) que ya no dejan a la gente que exprese su opinión.

NA GALIZA disse...

Como master deste blog deixar claro que non foi censurada nengunha intervención relativa a este artigo.

Todo o mundo ten dereito a expresar a súa opinión e consideramos que a discrepancia e o debate sempre son positivos.

Anónimo disse...

A min o que me parece, é que a xente que "non notou todavía a presión", ten que ser porque están en oficinas boas e que eles producen para o plan talentum porque as oficinas teñen moito traballo.
Pero paréceme a min, que nunha oficina de duas ou tres persoas, un talentum, o único que pode mandar no parte semanal, vai ser o número de operacións de ventaiña que fixo...
A MIN PARÉCEME QUE ESTO NON TEN PARADA E CADA VEZ VAI A PEOR!!!!

talentum cansado disse...

Mi experiencia en este dichoso plan es muy malo, al principio si cuando te preguntan por la ficha semanal y le dices que bueno que no tienes nada o que tines 2 de los productos todo son buenas palabras, pero justo esta semana me incorporo de vacaciones y me llama la GRR de DTcoruña y al decirle que no tenia nada de lo que ella queria se puso un poco desagradable, ya que me dijo que tenia que ponerme las pilas que esto no podia seguir asi, que piensa que si no vendemos los sofas, las tv las wis...no hacemos nada??despues x otro lado te dicen que hagas tarjetas contrates PIAS,etc pero esto a los GRR no les vale entonces ¿que hacemos? esto es una locura y como yo ya somos muchos los que estamos cansados de la GRR coruña; mis felicitaciones a DTPontevedra que al parecer su GRR es buenisimo, pero que no vivan engañados no todos somos tan felices como ellos, disfrutar mientras no os aprieten. Saludos

Anónimo disse...

estou totalmente dacordo co primo do fillo, a diferencia e que eles teñen sorte co seu GRR de Pontevedra, pero hay moitisimos mais compañeiros que o estan pasando mal polas presions as que son sometidos todolos venres, xa non so na DT Corunha sinon noutras DT, o que pasa que por medo ou polo que sea non se expresan e se comen eles soiños o marron, so pido un poco de apoio ou compresion para estes compañeiros que o estan pasando realmente mal con este plan, alegrome dos Talentum DTPontevedra pero que pensen tamen nos que realmente este plan os estan hundindo moralmente, xa que das risas poden pasar as choras en cuestion de horas.

polémico dt pontevedra disse...

Na última intervención, anónimo dixo... alegrome dos Talentum DTPontevedra pero que pensen tamen nos que realmente este plan os estan hundindo moralmente, xa que das risas poden pasar as choras en cuestion de horas...
Son o polémico membro da DT Pontevedra e teño que decir que estou de acordo contigo, e somos conscientes de que por moi ben que se porte o GRR, os resultados negativos, en caso de que os haxa, van ser os mismos, ademáis de que podemos pasar ás choras en nada, de eso somos conscientes.

Anónimo disse...

Hola:
Próximamente tendré una entrevista con Amalia Souto, estaba documentandome de cara a la misma y me he encontrado con esto.
Alguna recomendación de cara al afronte de la misma.